21/5/15

Roteiro cultural e literario 2015: 20 e 21 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21632.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21632.pdf               Fernando Álvarez de Sotomayor en Lamastelle                        
Santiago Casares Quiroga, o pazo do Río e villa Galicia en Montrove
José Luis Bugallal Marchesi e villa Isabel en Nós

Esta actividade está organizada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores.
Realizaranse dúas sesións, a primeira o 20 de maio e a segunda o 21 de maio, ás 9:00 horas.
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21632.pdfhttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21632.pdf
Este ano está dedicado ao pintor Fernando Álvarez de Sotomayor que residiu en Lamastelle, ao avogado e político Santiago Casares Quiroga que veraneou no pazo do Río e villa Galicia en Montrove e ao xornalista José Luis Bugallal Marchesi que viviu en villa Isabel en Nós.

Comezaremos nas Torres de Santa Cruz onde se proxectará un Power Point, realizado por Ricardo Rilo, sobre as principais características da pintura de Álvarez de Sotomayor, despois trasladarémonos a Lamastelle para ver o lugar onde estaba a casa de Fernando Álvarez deSotomayor e realizaranse as explicacións sobre este pintor; a continuación marcharemos para o pazo do Río, residencia de veraneo do avogado e político Santiago Casares Quiroga, no que se falará sobre este persoeiro e está previsto un concerto de violín e guitarra interpretado por Eduardo Coma, ao violín, e Francisco Rosa, á guitarra, con composicións musicais da época; para acabar en Nós, en villa Isabel, onde se expoñerá sobre o xornalista José Luis Bugallal Marchesi, para finalizar cun espectáculo de clown de temática deportiva a cargo de MeRe Clown.

O alumnado do Instituto Miraflores realizará a presentación destes personaxes. Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, dirixidos polo profesorado e baixo a coordinación da profesora Rosa García Vilariño elaboraron o texto da publicación, que foi  deseñada polo Departamento de Comunicación do Concello de Oleiros.

Participará no Roteiro, alumnado e profesorado do IES Miraflores, do IES María Casares, do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz e do CEIP Luís Seoane de Mera: perto de 300 alumnas e alumnos, aos que se lles entregará o folleto.

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21632.pdf

18/5/15

Letras galegas 2015: Hora do conto e Ler conta moito

   http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21569.jpg
Todas as sesións celebraránse ás 18:30

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 14 de maio
Para nenas-os de 1 a 4 anos
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “Oooh!"
  


Xoves 21 de maio
Para nenas-os de 3 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511, chamar a partir do 15 de maio)
MONITOR: Álvaro Muras
ACTIVIDADE DE MÚSICA, TEATRO E DANZA: “MáxicoSons: unha aventura entre libros”: un músico e un mago promoven a lectura cun formato orixinal, interactivo e divertido.
 
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Xoves 14 de maio
Para nenas-os a partir de 3 anos
COMPAÑÍA: Elefante Elegante
TÍTULO: “Lobo bobo": Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano? Que acontecería se a madrasta de Branca Neve se convertese nun dos tres porquiños cada vez que se mira ao espello?

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós 
Venres 15 de maio
CONTACONTOS: Lilí Gruyere de Trinke Trinke
TÍTULO: “Avós"

Venres 22 de maio
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Contiario": contos que empezan ao revés, con moitos finais, fábulas, cantares de cego, minúsculos, adiviñas, contos-canción...

Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 19 de maio
Para nenas-os de 6 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 515)
MONITORADO: Viravolta Títeres
ACTIVIDADE: “Obradoiro de marionetas”: cada neno/a fará unha marioneta aplicando os principios da papiroflexia.

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 20 de maio
Para nenas-os de 3 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
MONITORADO: Os Quinquilláns
ACTIVIDADE DE NARRACIÓN ORAL: “Por que é salgada a auga do mar?: versión teatral e expedición para que os propios habitantes dos fondos mariños nos conten como viven.

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 22 de maio
Para nenas-os de 4 a 10 anos
CONTACONTOS: Expresión Producións
TÍTULO: “Conto contigo": contos, trabalinguas, cancións, concursos, monicreques e maxia; dinámico e moi divertido.

Actividades de promoción da lectura para o alumnado dos centros de ensino público: de 19 a 22 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdf
As Bibliotecas Municipais de Oleiros, na semana de 19 a 22 de maio levarán a cabo as seguintes actividades de promoción da lectura dirixidas a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros:
 
- Biblioteca Manuel María. Oleiros
O martes 19 de maio, Caxoto Contacontos narrará "Un conto de tres noites". Ás 10:30 participa o alumnado de 4º C e ás 11:50 o de 3º A de EP do CEIP Rabadeira.
O mércores 20 de maio, ás 10:40, a compañía de teatro Elefante Elegante poñerá en escena "Lobo bobo", para alumnado de 1º A e B de EP do CEIP Rabadeira.
O venres 22 de maio, ás 10:10, Soledad Felloza contará "Bailar nas nubes" para o alumnado de 3º A de EP do CEIP Rabadeira. Ás 11:40 participa 5º A e B de E. I. do mesmo centro.
 
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro e As Torres de Santa Cruz
O mércores 20 de maio, a partir das 8:30, comezará o "Roteiro cultural e literario 2015". Participará o alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores, 4º de ESO do IESP Neira Vilas e 3º de ESO do IES María Casares.
O xoves 21 de maio, a partir das 9:00, segunda sesión do "Roteiro cultural e literario 2015". Participará o alumnado de 6º de EP do CEIP Luís Seoane e 6º de EP do CEIP Parga Pondal.

- Biblioteca Central Rialeda. Perillo
O venres 22 de maio, ás 10:30, a compañía de teatro Elefante Elegante actuará para o alumnado da Escola Infantil de Nós con "Lobo bobo".

Tertulia literaria en Rialeda: 20 de maio (Grupo B)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21550.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Diarios" de Syra Alonso.
Documentación
Obras de Syra Alonso e sobre Francisco Miguel nas nosas bibliotecas.

Recomendamos a lectura do Roteiro Cultural 2013 feito polo alumnado de 2º de Bacharelato do IES Miraflores, cun apartado especial adicado a Syra, Francisco Miguel e a súa estancia na "Casa da Felicidade" de Liáns.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "El ruido de las cosas al caer" de Juan Gabriel Vásquez.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 18 de maio

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20824.pdfNa Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "El estandarte" de Alexander Lernet-Holenia.
Obras de Alexander Lernet-Holenia nas nosas bibliotecas.
 

A seguinte obra programada é "Futuro imperfecto" de Xulia Alonso Díaz.

15/5/15

Recomendacións en Radioleiros: 15 de maio

 http://www.ipernity.com/doc/284673/38160996/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=72353- Infantil (ata 6 anos):

O arco da vella, de Charo Pita e ilustrado por Xosé Tomás
Xerais, 2009

A vella Maruxa tiña un amor viaxeiro. Cando soubo que o seu amor marchaba, comezou a tecer para el un abrigo con sete fíos de la. O día da partida entregoulle ao seu amor o abrigo e viu como o seu amor partía deixándolle nos labios un bico e na man un anel de prata. Unha noite, o anel desapareceu. ¿Poderá a vella Maruxa recuperar o anel perdido guindando ao ceo sete fíos de la?. O arco da vella é un álbum cheo de intriga, escrito por Charo Pita e ilustrado por Xosé Tomás, que narra como se procuran os fíos do amor e da beleza.

Os dous autores son colaboradores das actividades de fomento da lectura das bibliotecas de Oleiros.

- Mozas/os e adultas/os:

Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=113225Xerais, 2014

Presentado hai meses na Biblioteca Rialeda, o libro está composto por arredor de cincoenta relatos sobre o mar. Homes e mulleres galegos e irlandeses, mesturados no tempo, retrato social-político-familiar-afectivo de décadas de traballo e historia próxima e lonxana. Da man de Xurxo Souto: músico, escritor, home de radio cunha ironía propia, humor e calidade fóra de toda dúbida.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/5/15

Letras galegas 2015 adicadas a Xosé Filgueira Valverde: “Queremos unha Galicia viva”

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21569.jpg
Presentamos a programación de actividades relacionadas coa celebración do Día das Letras Galegas 2015 nas Bibliotecas Municipais.
Este ano o autor homenaxeado é Xosé Filgueira Valverde.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Hora do conto:
- Xoves 14 de maio, ás 18:30: Contacontos “Oooh!” a cargo de Raquel Queizás, para nenas e nenos de 1 a 4 anos. Imprescindible reservar praza. Tel.: 981 639 511
 
Ler conta moito (dentro do programa da Rede de Bibliotecas de Galicia):
- Xoves 21 de maio, ás 18:30: “MáxicoSons: unha aventura entre libros” a cargo de Álvaro Muras, para nenas e nenos de 3 a 12 anos. Imprescindible reservar praza. Tel.: 981 639 511. 
  

Actividades para alumnado de centros de ensino público:
- Venres 22 de maio: Contacontos “Lobo Bobo” a cargo de Elefante Elegante.

Actividades na biblioteca:
- Expo bio-bibliográfica de Xosé Filgueira Valverde
- Marcapáxinas conmemorativo: o venres 15 de maio entregaremos un marcapáxinas adicado a este día ás persoas que leven algún fondo en préstamo.

Biblioteca Rosalía de Castro. Santa Cruz
Ler conta moito (dentro do programa da Rede de Bibliotecas de Galicia):
- Mércores 20 de maio, ás 18:30: Actividade de narración oral "Por que é salgada a auga do mar? a cargo de Os Quinquilláns. Dirixido a nenas-os de 3 a 12 anos. Imprescindible reservar praza. Tel.: 981 626 338.   


Actividades para alumnado de centros de ensino público:
 - Xoves 14 de maio: Contacontos baseado na obra de Xabier P. Docampo “Un conto de tres noites” a cargo de Caxoto.
- Venres 29 de maio: Contacontos “Lobo Bobo” a cargo de Elefante Elegante.

Presentacións de libros:
- Luns 1 de xuño, ás 18:30, presentación da obra e do audiovisual “Falando Claro” a cargo do seu autor Pepe Sendón.
- Venres 12 de xuño, ás 18:30, presentación do poemario “O punto de maduración” a cargo da súa autora Mª Luisa Abad, acompañada da cantautora Mª José Pérez.

Actividades na biblioteca:
- Exposición bibliográfica cos libros do autor homenaxeado ou que falen del.
- Tríptico de Xosé Filgueira Valverde.
- Marcapáxinas do escritor pontevedrés ao que se lle adican este ano as Letras Galegas.

Biblioteca Mª José Trincado. Mera
Ler conta moito (dentro do programa da Rede de Bibliotecas de Galicia):
- Venres 22 de maio, ás 18:30: Contacontos “Conto contigo” a cargo de Expresión Producións, para nenas e nenos de 4 a 10 anos.

Actividades na biblioteca:
- Xogo de adiviñas "Que é unha cousiña", de 11 a 22 de maio.
- Exposición de libros galegos actuais para o público infantil e adulto.

Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda
Actividades na biblioteca:
- Exposición bibliográfica cos libros de Filgueira Valverde ou que falen del.
- Tríptico de Xosé Filgueira Valverde.
- Marcapáxinas do escritor pontevedrés ao que se lle adican este ano as Letras Galegas.
- Pastemposgalegos.Com, que versarán en torno á figura de Filgueira Valverde.
- Decoración da sala de actividades coa biografía e retallos das obras deste autor.
- Exposición "En capítulos anteriores... 1963-2014"

Biblioteca Manuel María. Oleiros
Actividades para alumnado de centros de ensino público: 
- 14 e 22 de maio: Contacontos “Bailar nas nubes” a cargo de Soledad Felloza.
- 15 e 19 de maio: Contacontos baseado na obra de Xabier P. Docampo “Un conto de tres noites” a cargo de Caxoto.
- 20 de maio: Contacontos “Lobo Bobo” a cargo de Elefante Elegante.
- 26 de maio: Contacontos “Contos con ovos” a cargo de Pablísimo.
- 27 de maio e 3 de xuño: Contacontos “O aviador” a cargo de Elefante Elegante.
- 28 de maio: Obradoiro de banda deseñada a cargo do ilustrador Xosé Tomás.
- 2 de xuño: Contacontos “A cociñeira do rei” a cargo de Soledad Felloza.

Actividades na biblioteca:
- Mostra "A imaxinaria da nosa lingua" con novelas en galego para o público adulto e contos para os-as cativos-as.
- Collage de fotografías dos-doas homenaxeados-as das letras galegas cunha exposición das obras máis ilustres que marcaron a nosa literatura.
- Pasatempos, encrucillados e actividades para colorear, sobre a figura de Filgueira Valverde.

Biblioteca Ánxel Fole. Nós
Hora do conto:
- Venres 15 de maio, ás 18:30: Contacontos “Avós” a cargo de Lilí Gruyere de Trinke Trinke para nenas e nenos menores de 10 anos.
 
Ler conta moito (dentro do programa da Rede de Bibliotecas de Galicia):
- Venres 22 de maio, ás 18:30: Contacontos “Contiario” a cargo de Pablísimo para nenas e nenos de 3 a 10 anos.
 
Actividades na biblioteca:
- "Xoguen coas nosas letras": pasatempos (encrucillados, sopa de letras, recortables, etc. ) relacionados co escritor homenaxeado, de 11 a 15 de maio.

Biblioteca Federico García Lorca. Montrove
Ler conta moito (dentro do programa da Rede de Bibliotecas de Galicia):
- Martes 19 de maio, ás 18:30: Obradoiro de marionetas, a cargo de Viravolta Títeres, para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Imprescindible reservar praza. Tel.: 981 639 515.

Actividades na biblioteca:
- Marcapáxinas conmemorativo.
- Pasatempos en torno á figura de Filgueira Valverde: "Atopa a palabra oculta", "Sopa de letras", "Debuxa a Filgueira Valverde".

Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé
Ler conta moito (dentro do programa da Rede de Bibliotecas de Galicia):
- Xoves 14 de maio, ás 18:30: Contacontos “Lobo Bobo” a cargo de Elefante Elegante para nenas e nenos a partir de 3 anos de idade.

Actividades na biblioteca:
- Exposición de fondos bibliográficos de e sobre Xosé Filgueira Valverde.
- Obradoiro de marcapáxinas para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

Roteiro cultural e literario
Os días 20 e 21 de maio, a partir das 8:30 horas.
Recorrido por distintos lugares do municipio nos que residiron diferentes persoas ilustres, como unha homenaxe a todas elas. Comezamos no pazo do Río, en Montrove, onde veraneou o avogado e político Santiago Casares Quiroga; despois trasladámonos a Lamastelle, localidade onde residiu o pintor Fernando Álvarez de Sotomayor; para finalizar en Nós, en villa Isabel, casa onde viviu o xornalista José Luis Bugallal Marchesi.
Actividade organizada entre as Bibliotecas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores.

Algunhas destas actividades pertencen ao programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Tertulia literaria en Rialeda: 13 de maio (Grupo A)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21550.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Diarios" de Syra Alonso.
Documentación
Obras de Syra Alonso e sobre Francisco Miguel nas nosas bibliotecas.

Recomendamos a lectura do Roteiro Cultural 2013 feito polo alumnado de 2º de Bacharelato do IES Miraflores, cun apartado especial adicado a Syra, Francisco Miguel e a súa estancia na "Casa da Felicidade" de Liáns.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "Las baladas del ajo" de Mo Yan.


8/5/15

Hora do conto, actividades de animación á lectura e Ler conta moito: de 11 a 15 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21326.pdf
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 11 de maio
18:30: Obradoiro de maxia: Para nenas-os de 6 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626638)
19:30:  Espectáculo de maxia: Poden asistir todas as nenas e nenos que o desexen ata completar o aforo da sala
ARTISTA: Chrystian Magic


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20725.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros

Martes 12 de maio
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Sopa de Letras Galegas: cantando a Rosalía, A carreira do raposo e o cangrexo

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 13 de maio
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULO: “Cousas de gatos"

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 14 de maio
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511) 
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “Oooh!"

http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/ Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Xoves 14 de maio
Para nenas-os a partir de 3 anos
COMPAÑÍA: Elefante Elegante
TÍTULO: “Lobo bobo"

Venres 15 de maio
CONTACONTOS: Lilí Gruyere de Trinke Trinke
TÍTULO: “Avós" 

Recomendacións en Radioleiros: 8 de maio

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116717http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"Amizades secretas", texto de Agustín Fernández Paz e ilustracións de Marta Altés, en Rodeira.
Ollos grandes é unha ratiña pequena e curiosa. Ela e a súa familia viven nun niño situado entre dúas vivendas dunha casa da cidade vella. Unha delas está habitada, por ese motivo as expedicións en busca de comida fanas de noite cando o home dos grandes bigotes está durmindo, pero a outra está baleira, polo que a ratiña atrévese a explorala soa, ata que un día vai vivir alí unha familia que ten unha nena chamada Beatriz que logo se dá conta de que hai ratos no piso...
Fermoso conto que nos fala da difícil amizade entre unha nena e unha ratiña, acompañado dunhas suxestivas ilustracións. 
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=103515- Mozas-os e adultas-os:
"Un dedo manchado de tinta" de Manuel Portas, editado por Xerais.
Obra formada por varios relatos sobre o que lle acontece a persoas sinxelas.
En A carta atopámonos con Alberte, un funcionario municipal, que busca nos arquivos ata coñecer a orixe da familia dun descendente de emigrantes que vive en Cuba.
Malulú é un inmigrante senegalés, vendedor ambulante de artesanía, que terá que defenderse de graves acusacións.
En Expediente 324/10 vemos a Carme, unha nai que non sabe se crer a versión da súa filla ou a do home da que está namorada.
Lector Óptico preséntanos a Cristina unha traballadora dun supermercado e sindicalista.
En Próxima estació: Urquinaona coñecemos a Chus, avogada e investigadora, que arrisca a súa vida para desvelar unha trama de corrupción baseada na recalificación de terreos.
Varios personaxes están conectados e relacionados e asistimos a unha variación nos xéneros, uns relatos achéganse á novela policial e outros teñen un fondo máis social, perotodos teñen un narrador común que é Gonzalo Salgueiro e non sabemos se o que nos está contando está acontecendo realmente ou se o está imaxinando.
 
O libro ven acompañado por un CD do grupo musical Loaira, cun tema dedicado a cada personaxe principal.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/5/15

Biblioteca de Santa Cruz: peche por obras o 8 de maio ás 19 h.

A Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz pechará este venres 8 de maio ás 19 h. por mor da realización dunha serie de obras de mantemento.

En principio a vindeira semana manterase o horario habitual:
- Mañás: martes a venres de 10 a 13,30 h.
- Tardes: luns a venres de 16 a 20 h.
- Primeiro e terceiro sábado de mes: de 10 a 14 h.

Pregamos desculpen as molestias ocasionadas.

4/5/15

Hora do conto e actividades de animación á lectura: de 5 a 8 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20725.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións celebraránse ás 18:30
 Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 5 de maio
CONTACONTOS: Lilí Gruyere de Trinke Trinke
TÍTULO: “Contos de Perrault”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 6 de maio
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “O xogo de Nano”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 7 de maio
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511, chamar a partir do luns 4 de maio)
COMPAÑÍA: Elefante Elegante
ACTIVIDADE: “Lobo bobo”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé 

Xoves 7 de maio
CONTACONTOS: Gemola

TÍTULO: “O marabilloso mundo do circo”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 8 de maio

Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628507)
 CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “O agasallo”

Actividades de promoción da lectura para o alumnado dos centros de ensino público: de 5 a 8 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdf
As Bibliotecas Municipais de Oleiros, na semana do 5 ao 8 de maio levarán a cabo as seguintes actividades de promoción da lectura dirixidas a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros: 
- Biblioteca Manuel María. Oleiros
O martes 5 de maio, ás 11:10, Matapiollos Teatro representa "Abrapalabra". Participa alumnado de 3º C de EP do CEIP Rabadeira.
 

O mércores 6 de maio, ás 10:40, a compañía de teatro Elefante Elegante poñerá en escena "Lobo bobo", para alumnado de 2º A e B de EP do CEIP Rabadeira.
 

O venres 8 de maio, o ilustrador Xosé Tomás desenvolverá un obradoiro de banda deseñada para o alumnado de 6º A de EP do CEIP Rabadeira. Ás 10:30.

- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro e As Torres de Santa Cruz
O mércores 6 de maio, ás 12:00, terá lugar o espectáculo "Abrapalabra" que levará a cabo Matapiollos Teatro. Participará o alumnado de 5º de EP do CEIP Parga Pondal.
 

O xoves 7 de maio, Soledad Felloza levará a cabo a actividade "A cociñeira do rei". Haberá dúas sesións: ás 10:30 participará 1º de EP e ás 12:00 2º de EP, ambos do CEIP Parga Pondal.
 

O venres 8 de maio, a compañía Elefante Elegante poñerá en escena a obra "O aviador". Haberá dúas sesións: ás 10:30 participará 5º de EI e ás 12:00 4º de EI, ambos do CEIP Parga Pondal.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 4 de maio

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21097.pdfNa Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout.
Obras de Elizabeth Strout nas nosas bibliotecas.
 

A seguinte obra programada é "El estandarte" de Alexander Lernet-Holenia..