- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"Amizades secretas", texto de Agustín Fernández Paz e ilustracións de Marta Altés, en Rodeira.
Ollos grandes é unha ratiña pequena e curiosa. Ela e a súa familia viven nun niño situado entre dúas vivendas dunha casa da cidade vella. Unha delas está habitada, por ese motivo as expedicións en busca de comida fanas de noite cando o home dos grandes bigotes está durmindo, pero a outra está baleira, polo que a ratiña atrévese a explorala soa, ata que un día vai vivir alí unha familia que ten unha nena chamada Beatriz que logo se dá conta de que hai ratos no piso...
Fermoso conto que nos fala da difícil amizade entre unha nena e unha ratiña, acompañado dunhas suxestivas ilustracións.

"Un dedo manchado de tinta" de Manuel Portas, editado por Xerais.
Obra formada por varios relatos sobre o que lle acontece a persoas sinxelas.
En A carta atopámonos con Alberte, un funcionario municipal, que busca nos arquivos ata coñecer a orixe da familia dun descendente de emigrantes que vive en Cuba.
Malulú é un inmigrante senegalés, vendedor ambulante de artesanía, que terá que defenderse de graves acusacións.
En Expediente 324/10 vemos a Carme, unha nai que non sabe se crer a versión da súa filla ou a do home da que está namorada.
Lector Óptico preséntanos a Cristina unha traballadora dun supermercado e sindicalista.
En Próxima estació: Urquinaona coñecemos a Chus, avogada e investigadora, que arrisca a súa vida para desvelar unha trama de corrupción baseada na recalificación de terreos.
Varios personaxes están conectados e relacionados e asistimos a unha variación nos xéneros, uns relatos achéganse á novela policial e outros teñen un fondo máis social, perotodos teñen un narrador común que é Gonzalo Salgueiro e non sabemos se o que nos está contando está acontecendo realmente ou se o está imaxinando.
O libro ven acompañado por un CD do grupo musical Loaira, cun tema dedicado a cada personaxe principal.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario