15/5/15

Recomendacións en Radioleiros: 15 de maio

 http://www.ipernity.com/doc/284673/38160996/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=72353- Infantil (ata 6 anos):

O arco da vella, de Charo Pita e ilustrado por Xosé Tomás
Xerais, 2009

A vella Maruxa tiña un amor viaxeiro. Cando soubo que o seu amor marchaba, comezou a tecer para el un abrigo con sete fíos de la. O día da partida entregoulle ao seu amor o abrigo e viu como o seu amor partía deixándolle nos labios un bico e na man un anel de prata. Unha noite, o anel desapareceu. ¿Poderá a vella Maruxa recuperar o anel perdido guindando ao ceo sete fíos de la?. O arco da vella é un álbum cheo de intriga, escrito por Charo Pita e ilustrado por Xosé Tomás, que narra como se procuran os fíos do amor e da beleza.

Os dous autores son colaboradores das actividades de fomento da lectura das bibliotecas de Oleiros.

- Mozas/os e adultas/os:

Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=113225Xerais, 2014

Presentado hai meses na Biblioteca Rialeda, o libro está composto por arredor de cincoenta relatos sobre o mar. Homes e mulleres galegos e irlandeses, mesturados no tempo, retrato social-político-familiar-afectivo de décadas de traballo e historia próxima e lonxana. Da man de Xurxo Souto: músico, escritor, home de radio cunha ironía propia, humor e calidade fóra de toda dúbida.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario