19/2/14

Ler para saber A CIENCIA: 21 de febreiro

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 21 de febreiro ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral. 

Teremos un encontro científico con María José Servia Garcia, doutora en Bioloxía, profesora de comportamento animal da UDC,  ao redor do tema “Animais mentireiros”.

Seleccionamos para ti libros e dvd para esta charla científica. 


Fundamentalmente o seu campo de traballo é a ecoloxía dos animais de auga doce, e na actualidade colabora con diversas institucións nacionais e estranxeiras no estudo da bioloxía e ecoloxía de especies de peixes migradores. Foi xefa da Estación de Hidrobioloxía da USC. Algúns proxectos actuais inclúen o estudo da evolución ontoxénica de biomarcadores enerxéticos en larvas de Dípteros Quironómidos, a avaliación do estado das poboacións de lamprea mariña (Petromyzon marinus) e saboga (Alosa fallax) en Galicia, a análise do estado actual e impacto das especies invasoras de auga doce ou a posta en marcha dunha rede de observatorios ambientais en ríos costeiros europeos.  

Nota importante: durante a celebración da actividade interrumpiráse o servizo de ordenadores e internet do 2º andar da biblioteca. Pregamos desculpen as molestias.

24 de febreiro: Día de Rosalía. Exposición bibliográfica en Santa Cruz



Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.

A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.

Por todos estes motivos a difusión do coñecemento da súa obra é necesaria para as galegas e os galegos, en especial para as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, sendo a súa palabra feita poesía ou prosa reflexiva un dos procedementos máis eficaces para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller de Santa Cruz, que leva o nome da nosa escritora, presentámosvos unha exposición bibliográfica coas súas obras xunto a outras relacionadas coa vida, actividade literaria, etc. de Rosalía de Castro.

24 de febreiro: Día de Rosalía. Exposición bibliográfica en Lorbé


Na Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" de Lorbé celebramos o Día de Rosalía cunha escolma
de obras relacionadas que poñemos a vosa disposición:

- Antoloxía
- Cantares Gallegos
- Costumes galegos e outros textos
- Flavio
- Follas novas
- La hija del mar
- Poesía galega completa II: Follas novas. Poemas soltos. Traduccións
- Versos a Compostela

... a para @s máis nov@s:

- Adiós ríos, adiós fontes 
- Do A ao Z con… Rosalía
- Rosalía cos rapaces: escolma
- Rosalía de Castro para nenos 
- Parece unha rosa
- Vente, rapasa

Pulsa no título para comprobar dispoñibilidade.

18/2/14

O Entroido nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-17422.pdf

8 sesións distribuídas nas 8 bibliotecas públicas municipais do Concello.

Número máximo de participantes: 20
Dirixido a nenas e nenos a partir de 5 anos.
Imprescindible inscribirse na biblioteca onde desexen participar.

As nenas e nenos participantes poderán realizar sinxelos monicreques confeccionados con variñas, pelotas de porexpan, gomaeva, feltro, etc. nun lúdico e divertido obradoiro de manualidades.


Todos os obradoiros terán lugar ás 18,30 h.

- 18 de febreiro: Biblioteca "Manuel María" de Oleiros (tfno. 981 610 700)
- 24 de febreiro: Biblioteca Central Rialeda de Perillo (tfno. 981 639 511)
- 25 de febreiro: Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove (tfno. 981 639 515)
- 25 de febreiro: Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera (tfno. 981 628 507)
- 26 de febreiro: Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé (tfno. 981 618 201)
- 27 de febreiro: Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda (tfno. 981 626 638)
- 28 de febreiro: Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós (tfno. 981 664 257)
- 6 de marzo: Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz (tfno. 981 626 338)

Esperámosvos!


17/2/14

20 de febreiro: "Contos terribles" con Pablísimo en Rialeda

Á Biblioteca Central Rialeda achéganse monstros, curuxas, contos... e bruxas!!! para pasalo de medo con Pablísimo e os seus contos terribles e arrepiantes.

Actividade dirixida ao alumnado de 1º de Primaria do CEIP Valle Inclán. Celebraránse dúas sesións na Sala Infantil e Xuvenil da biblioteca:

- 10,15 h.: 1ª A e C
- 12,00 h.: 1º B


14/2/14

Hora do conto: de 14 a 21 de febreiro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17363.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoBiblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 14 de febreiro
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS: "Contos do azar", "Ra da boca grande", "As pousadeiras do Rei", "Andrés cabeza abaixo", "O coelliño branco"


Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 18 de febreiro
CONTACONTOS: Pizpireta
TÍTULOS: "O cadro máis bonito do mundo", "Frederick", "A casa de cartón"



Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 19 de febreiro
Para nenos-as de 1 a 4 anos (ás 17:00):
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS: “Nanocontos”
Para nenos-as de 5 a 10 anos (ás 18:30):
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “Auga para o corpo, noite para o moucho": "A fonte da montaña", "Por que se aburre o moucho?"


Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 19 de febreiro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Animaliños”


Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 20 de febreiro
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS: "O amigo do pequeno tiranosauro", "Orellas de coello", e algún conto sorpresa...
 

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 21 de febreiro
CONTACONTOS: Avoa Violeta de Trinke Trinke Teatro
TÍTULOS: “Unha praia particular”: “A mosca”, “Ola, ola, la!”, “O homiño da chuvia”


(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. 
A sesión para nenos-as de 1 a 4 anos se realizará ás 17:00, e as demáis ás 18:30)

Tertulia literaria en Rialeda: 19 de febreiro (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La vida de las mujeres" de Alice Munro (Premio Nobel de Literatura 2013
Documentación
Obras de Alice Munro nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "El proyecto esposa" de Graeme Simsion (esta obra sustitúe á inicialmente programada "Piel de salitre" de Juan Mariñas, que se lerá finalmente no 3º trimestre).

19 febreiro: "Contos do candil que ningué cre" no Teatro As Torres

Teatro As Torres de Santa Cruz
Hora: 10,40 Actividade dirixida ao alumnado de 4º de ESO A, B e C do IES María Casares.

"Contos do candil que ninguén cre" é unha posta en escea do actor Ramiro Neira de Artestudio Teatro baseada nos relatos do autor lugués Ánxel Fole "A lus do candil", "Contos da néboa" e "Historias que ninguén cre".

A Biblioteca Central Rialeda permanecerá pechada o sábado 15 de febreiro

Informamos que a Biblioteca Central Rialeda permanecerá pechada o sábado 15 de febreiro por mor da gravación dun audiovisual nas súas instalacións.

Pregamos desculpen as molestias ocasionadas.

Como alternativa, a Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" en Santa Cruz permanecerá aberta dende as 10 ás 14 h.

Recomendacións en Radioleiros: 14 de febreiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/30500319/in/album/594169
Nesta data, ofrecémosche lecturas con corazón.

- Infantil (a partir de 10 anos):

Cuentos silenciosos, de Benjamín Lacombe
Edelvives

Cada páxina do libro ten un pop up que Lacombe dedica a un conto clásico, a primeira páxina ábrese nunha fermosa flor onde dorme Polgariña, a enorme boca do lobo lévanos á historia de Carapuchiña…e así ata 8 contos clásicos, coa excepción do pop up da ilustración central do libro no que aparece Naoko a protagonista do libro Los amantes Mariposa, escrito e ilustrado polo mesmo Benjamín Lacombe.

- Moz@s e adult@s :

A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval

Narra un conxunto de historias relacionadas entre si, o protagonista é un voluntario da División Azul, Alfredo que escribe as súas cartas desde a fronte, mestúrase cos monólogos de María Luisa a súa nai, coas peripecias do pelotón de soldados galegos que loitaron na fronte de Leningrado e a viaxe que Fernández Naval realizou a fin de investigar os feitos, acompañado da fotógrafa Maribel Longueira desde A Coruña á cidade de Novogord en Polonia, a onde se dirixían os convois cos voluntarios antes de pasar á fronte rusa.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

13/2/14

Ler para saber A CIENCIA: 14 de febreiro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17406.pdf
Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 14 de febreiro ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
 
Teremos un encontro científico con Ángeles Cid Blanco, doutora en Bioloxía, profesora de Microbioloxía da UDC,  ao redor do tema “Os microbios e ti”.
Seleccionamos para ti libros e dvd para esta charla científica. 


Nota importante: durante a celebración da actividade interrumpiráse o servizo de ordenadores e internet do 2º andar da biblioteca. Pregamos desculpen as molestias.

“A Biblioteca énchese de corazón”. San Valentín na Biblioteca de Nós



O venres, 14 de febreiro é o día de San Valentín. A Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós quere agradecer de TODO CORAZÓN a colaboración de todas as súas usuarias e usuarios durante todos estes anos. Por iso, toda persoa que neste día faga uso do préstamo, tanto de libros como de audiovisuais será agasallada cun humilde marcapáxinas en forma de corazón.

Ademáis, as/os máis pequenas/os terán o “Rincón de Valentín” onde poderán expoñer os corazóns que a biblioteca lles dará para que a decoren.

Cortázar 30

1984 - 2014: 30 anos da morte do escritor arxentino Julio Cortázar.
Na Biblioteca de Lorbé poñemos á túa disposición as seguintes obras:


Ademáis, podes consultar a dispoñibilidade das súas obras en todas as bibliotecas do Concello.

11/2/14

Tertulia literaria en Rialeda: 12 de febreiro (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da 1ª parte de "La noche de los tiempos" (ata páx. 475) de Antonio Muñoz Molina
Documentación
Obras de Antonio Muñoz Molina nas nosas bibliotecas.

Manuel Rivas e "O raposo e a mestra" en Oleiros: 12 de febreiro

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2013/12/recomendacions-en-radioleiros-20-de.html
O mércores 12 de febreiro, no auditorio A Fábrica (Santa Cristina – Oleiros), Manuel Rivas manterá dous encontros literarios con alumnado de 3º e  4º curso de ensinanza primaria dos centros de ensino público de Oleiros. Nesta actividade arredor da súa obra “O raposo e a mestra” estará acompañado de Cé Orquestra Pantasma.
 
Ás 9:30 horas participarán 148 alumnos/as e 7 profesores/as do CEIP Rabadeira de Oleiros.
Ás 11:30 horas participarán 100 alumnos/as e 8 profesores/as do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz e 57 alumnos/as e 3 profesores/as do CEIP Luis Seoane de Mera.
 
"O raposo e a mestra"  é unha fermosa e simpática obra escrita por Manuel Rivas, con ilustracións de Jacobo Fernández Serrano e publicada pola editorial Xerais que nos fala dun raposo solitario chamado Pindo, que durmía todo o día nun leito de plumas, na súa cova da beiramar e soñaba que era un raposo voador...
Magnífica lectura e excelente obra que achega os nenos e nenas á natureza, ao mesmo tempo que é unha homenaxe ao Monte Pindo e tamén ás mestras e mestres.
Estes actos están organizados polas Bibliotecas Municipais de Oleiros e a editorial Xerais.