19/2/14

Ler para saber A CIENCIA: 21 de febreiro

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 21 de febreiro ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral. 

Teremos un encontro científico con María José Servia Garcia, doutora en Bioloxía, profesora de comportamento animal da UDC,  ao redor do tema “Animais mentireiros”.

Seleccionamos para ti libros e dvd para esta charla científica. 


Fundamentalmente o seu campo de traballo é a ecoloxía dos animais de auga doce, e na actualidade colabora con diversas institucións nacionais e estranxeiras no estudo da bioloxía e ecoloxía de especies de peixes migradores. Foi xefa da Estación de Hidrobioloxía da USC. Algúns proxectos actuais inclúen o estudo da evolución ontoxénica de biomarcadores enerxéticos en larvas de Dípteros Quironómidos, a avaliación do estado das poboacións de lamprea mariña (Petromyzon marinus) e saboga (Alosa fallax) en Galicia, a análise do estado actual e impacto das especies invasoras de auga doce ou a posta en marcha dunha rede de observatorios ambientais en ríos costeiros europeos.  

Nota importante: durante a celebración da actividade interrumpiráse o servizo de ordenadores e internet do 2º andar da biblioteca. Pregamos desculpen as molestias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario