17/1/14

Recomendacións en Radioleiros: 17 de xaneiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/29798315/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=106998- Infantil (de 6 a 8 anos):
 

"La gran aventura de Martín", texto e ilustracións de Ángel de Pedro, editado por Edimáter.
A Martín gústanlle as historias de aventuras e exploradores e decide irse de caza a Africa ecuatorial. Mais o  contacto directo cos animais faille mudar de opinión: a relación con eles será distinta a partir desta experiencia. Libro que valora o respecto á vida e á natureza así como a conservación dos espazos naturais.
 

- Mozos-as e adultos-as: 

"Tras da Corda" de Carlos G. Reigosa, en Xerais.
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=99158Reigosa recupera a tradición do relato galego de Fole, Otero, Dieste e Castelao con esta reedición que ten o título dun topónimo inventado vencellado á Serra da Corda do Lugo na que naceu. Un mundo duro, primitivo e ata violento con presenza da emigración, a sexualidade e o roubo. Limiar de Fole e Alfredo Bryce Echenique.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Juan Gelman (1930-2014): pequena homenaxe

http://youtu.be/-F9pne1OZwQ
Mestre dun "oficio ardente", vivíu intensamente a poesía, a militancia política, a defensa dos dereitos humanos, e a loita contra a dictadura en Arxentina, cuxos terribles efectos sofreu nas súas propias carnes. Así explicaba Gelman os seus comezos literarios ao coñecer a concesión do Premio Cervantes en 2007
"Empecé a escribir poemas a los nueve años. Claro que fue por una chica. Al principio le mandaba versos de un argentino del siglo XIX, Almafuerte, pero no me hizo caso. Así que decidí probar yo mismo. Tampoco me hizo caso. Ella siguió por su camino y yo me quedé con la poesía."                                                                                                                                     Epitafio
                                                                        Un pájaro vivía en mí.
                                                                                 Una flor viajaba en mi sangre.
                                                                              Mi corazón era un violín.
                                                                                Quise o no quise. Pero a veces
                                                                           me quisieron. También a mí
                                                                         me alegraban: la primavera,
                                                                             las manos juntas, lo feliz.
                                                                           ¡Digo que el hombre debe serlo!
                                                                        Aquí yace un pájaro.
                                                                           Una flor.
                                                                            Un violín.
Lévate a casa as obras de Juan Gelman que temos á túa disposición nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.

15/1/14

100 anos de "Platero y yo" (vol. 1)

http://www.pinterest.com/bibloleiros/100-anos-de-platero-y-yo-vol-1/Inauguramos a celebración do centenario da publicación de "Platero y yo" con esta exposición bibliográfica para xoves e adultos-as. 
Neste caso, ofrecemos no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda, no espazo reservado á poesía (Poesía ten o seu punto) unha escolma de libros de e sobre o poeta de Moguer (Huelva) galardonado co Premio Nobel de Literatura en 1956
Entre eles, figuran, como non, "Platero y yo" en diferentes edicións, como a versión galega "Platero e máis eu", e outras obras líricas e narrativas. Esta exposición complétase con ensaios adicados á obra do autor do burriño máis famoso da literatura española. 


14/1/14

Tertulia literaria en Rialeda: 15 de xaneiro (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Piel de salitre" de Juan Mariñas
Documentación
Obras de Juan Mariñas nas nosas bibliotecas

A seguinte obra programada é "La gran casa" de Nicole Krauss

15 xaneiro: inicio 2º trimestre da Tertulia Literaria en Rialeda (Grupo B)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-17003.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 2º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo B.


Datas:
- Xaneiro: días 15 e 29
- Febreiro: días 12 e 26
- Marzo: días 12 e 26

 Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.


Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as/os interesadas/os pasarán a formar parte da lista de espera

Encontros de xoves creadores-as en Toledo

 http://www.portaljovenclm.com/noticia.php?idn=7314
A Biblioteca de Castilla-La Mancha programou dous encontros para xoves creadores/as, que terán lugar en Toledo durante o mes de marzo. Ambos encontros están abertos a xoves procedentes das diferentes Comunidades Autónomas e desenvolerán un programa de actividades de formación e creación nas modalidades de narrativa, poesía, dramaturxia teatral e guión cinematográfico.
Os encontros celebraránse en Toledo.
- Poesía e Narrativa: 3 a 9 de marzo.
- Dramaturxia Teatral e Guión Cinematográfico: 17 a 23 de marzo. 
As actividades de formación creativa se desenvolverán no Albergue Juvenil San Servando, de Toledo e na Biblioteca de Castilla-La Mancha, ubicada no Alcázar da cidade. Aproveitaránse as posibilidades culturais que ofrece a cidade de Toledo, para ampliar os aspectos formativos dos/das participantes. Cada un dos encontros dispón de 15 prazas. As actividades formativas e complementarias, así como os servizos de aloxamento e manutención no Albergue Juvenil, serán gratuitos. Os/as participantes asumirán os gastos de desprazamento aos encontros.
Os/as xoves interesados/as deberán reunir os seguintes requisitos: ter de 18 a 30 anos, estar en posesión do carné de alberguista (xove ou adulto/a) en vigor e ter algunha experiencia en creación de obra artística en cualquera das modalidades dos encontros.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 30 de xaneiro de 2014.
A Biblioteca de Castilla-La Mancha participa no deseño técnico desta actividade, que enmarcada no programa dirixido aos/ás xoves “EN CLAVE JOVEN”, e especialmente os encontros con escritores/as terán lugar na sede da Biblioteca.

13/1/14

Tertulia literaria en Santa Cruz: 13 de xaneiro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" 
Hora: 18,30 a 20 h.

Comentario da obra
"El abuelo que saltó por la ventana y se largó" de Jonas Jonasson.
Obras de Jonas Jonasson nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Cuatro hermanas" de Jetta Carleton.

13 xaneiro: Inicio 2º trimestre da Tertulia Literaria na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-17004.pdfBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18,30 a 20.

Comenzamos o 2º trimestre coa seguinte programación:

- "El faro" (banda deseñada) de Paco Roca

Datas:
- Xaneiro: días 13 e 27
- Febreiro: días 10 e 24
- Marzo: días 10 e 24

Pode apuntarse á actividade:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca.


Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as/os interesada/os pasarán a formar parte da lista de espera.

10/1/14

Recomendacións en Radioleiros: 10 de xaneiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/29544323
- Infantil:

A verdadeira historia da mosca da tele, de María Solar ; ilustracións de Ana Francisco e Jorge Vázquez
Galaxia

María Solar escríbenos unha historia divertida e moi pouco particular, que nos vai servir para acompañar á mosca da tele dende os platós da televisión en Galicia á televisión do Caribe!. A culpa de todo tívoa un señor calvo que puxo o sombreiro xusto cando a mosca estaba a lle zugar a suor da cabeciña. Na súa viaxe, a mosca da tele coñecerá outros moitos insectos cos que compartirá aventuras e alimentos. Unha viaxe zoolóxica e zooilóxica do máis divertida.

María Solar é xornalista da TVG e dobradora . É autora de As meigas de Lupa, Vou ter un irmán!!!  e O fillo do pintamonas .

- Moz@s e Adult@s:

Blancanieves debe morir: dos asesinatos, una condena y un muro de silencio, de Nele Neuhaus
Maeva

Nuns días de novembro coinciden varios feitos: o achádego dun corpo nun aeroporto dun pobo alemán, a saída do cárcere dun veciño do mesmo e a desaparición dunha rapaza. Unha historia na Alemaña actual.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

“Se somos iguais seremos máis libres”. Simone de Beauvoir na Biblioteca de Santa Cruz

Convidámosvos a achegarvos á obra de Simone de Beauvoir na Biblioteca “Rosalía de Castro” de Santa Cruz.

Porque hoxe é o aniversario de Simone de Beauvoir, se estivera viva, faría 106 anos. Dela é unha das principais frases do movemento feminista “Non nacemos mulleres, facémonos”. As mulleres non temos un destino biolóxico senón que somos formadas nunha sociedade que define o noso papel no seu seo.  Por iso a propia Simone rompe co seu destino feminino e fai da súa vida algo completamente diferente do esperado para unha muller. A educación, a preparación académica son os puntais para forxar mulleres máis independentes.

Esta filósofa marxista convencida,  publicou en 1949 a súa obra esencial, “O segundo sexo”, mil páxinas de tratado cunha análise profunda sobre a historia do papel do xénero feminino.

A obra de Simone de Beauvoir non se reduce ao movemento feminista, son tamén importantes as súas achegas sobre a incapacidade do ser humano para fuxir da morte e as súas obras autobiográficas onde reflexa a sociedade parisina e a súa propia experiencia de cómo a vida dunha muller pode estar marcada por unha figura masculina, a pesar de vivir coma iguais.

8/1/14

Expo de Carmen Amoraga, Premio Nadal 2014 na Biblioteca Rosalía de Castro

http://bit.ly/1eq8ndnA escritora Carmen Amoraga gañou o Premio Nadal de Novela na súa 70.ª edición coa obra “La vida era eso”, a historia dunha muller que enviúva e sae adiante inmersa nas redes sociais. O fallo foi anunciado pola autora Ana María Matute, que fora vencedora do Nadal en 1959. Amoraga naceu no ano 1969 en Picanya, é licenciada en Ciencias da Información e traballou na radio e a televisión. Ademáis de ser columnista no xornal “Levante”, actualmente é asesora da Universitat de València nas relación cos medios de comunicación. En 2007 foi xa finalista do Premio Nadal e no 2010 do Premio Planeta. Das setenta edicións deste premio, catorce concedéronse a mulleres, a primeira no ano 1944 a Carmen Laforet pola novela "Nada". Con motivo da concesión deste premio presentamos unha pequena exposición das obras de Amoraga na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz: "El tiempo mientras tanto" (Finalista Premio Planeta 2010), "Algo tan parecido al amor" (Finalista Premio Nadal 2007), "Para que nada se pierda", "Todas las caricias".                                                                                                                   PARABÉNS CARMEN!!!

3/1/14

Recomendacións en Radioleiros: 3 de xaneiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/29471551/in/album/594169
- Infantil:

Xa me tardan estes magos, de Mamá Cabra ; ilustracións de Kristina Sabaite
Galaxia


Libro-disco de panxoliñas para os mais pequenos da casa. 


- Moz@s e Adult@s:

El club de lectura del final de tu vida, de Will Schwalbe

Crónica dos últimos dous anos da vida da nai do escritor, enferma de cancro, coa que compartirá un peculiar clube de lectura. 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

30/12/13

8 xaneiro: inicio 2º trimestre da Tertulia Literaria en Rialeda (Grupo A)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-17002.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 2º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo A.
 
 - "El tren pasa primero" de Elena Poniatowska

Datas:
- Xaneiro: días 8 e 22
- Febreiro: días 5 e 19
- Marzo: días 5 e 19

 Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.


Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as/os interesadas/os pasarán a formar parte da lista de espera.