- Infantil (de 6 a 8 anos):
"La gran aventura de Martín", texto e ilustracións de Ángel de Pedro, editado por Edimáter.
A Martín gústanlle as historias de aventuras e exploradores e decide irse de caza a Africa ecuatorial. Mais o contacto directo cos animais faille mudar de opinión: a relación con eles será distinta a partir desta experiencia. Libro que valora o respecto á vida e á natureza así como a conservación dos espazos naturais.
- Mozos-as e adultos-as:
"Tras da Corda" de Carlos G. Reigosa, en Xerais.
Reigosa recupera a tradición do relato galego de Fole, Otero, Dieste e Castelao con esta reedición que ten o título dun topónimo inventado vencellado á Serra da Corda do Lugo na que naceu. Un mundo duro, primitivo e ata violento con presenza da emigración, a sexualidade e o roubo. Limiar de Fole e Alfredo Bryce Echenique.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario