11/10/12

Expo bibliográfica de Ana Maria Machado na Biblioteca de Santa Cruz

A escritora brasileña foi a gañadora do VIII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil na edición deste ano 2012. Este galardón recoñece o conxunto da súa obra, caracterizada por un estilo narrativo sinxelo e complexo á vez, que apela á intelixencia do lector, cunha linguaxe cuidadosa, lírica e que recupera a riqueza da oralidade.
Na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz podes atopar na sala infantil: "Amanda con cien pies anda", "Camilón, comilón", "El maravilloso puente de mi hermano""La abuelita aventurera""El misterio de la isla""Un montón de unicornios""Niña bonita".

10/10/12

Ana Maria Machado, VIII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil

O premio entrégase o próximo 27 de novembro, no marco da Feria Internacional do Libro de Guadalajara (México).
A súa obra literaria aborda un amplo rexistro de temas e o tratamento dos mesmos revolucionou as nocións de xénero, de tradición e de alteridade no mundo da literatura para nenos-as e xoves. O compromiso social e a reflexión sobre a literatura foron puntos clave no desenvolvemento dos seus escritos teóricos, e outro punto relevante da súa obra é a recreación da cultura brasileira á que a súa escritura outorga unha proxección universal. Polo anterior e porque a súa obra distínguese por “un estilo narrativo sinxelo e complexo á vez, que apela á intelixencia do-a lector-a, cunha linguaxe coidadosa, lírica, amena e que recupera a riqueza da oralidade”, Ana Maria Machado merece, a través deste Premio, o recoñecemento á súa traxectoria literaria. A escritora carioca recibíu outros importantes galardóns como o Premio Jabuti, en 1997, considerado o máis importante premio literario do Brasil, e en 2000 obtivo o Premio Andersen, o máis prestixioso galardón das letras infantís. Na edición do pasado ano 2011 foi galardonado o autor galego Agustín Fernández Paz. Na Biblioteca Central Rialeda adícamoslle unha exposición bibliográfica que podes visitar.
PARABÉNS, ANA MARIA!!!

Tertulia literaria en Santa Cruz: 15 de outubro


De 18,30 a 20 horas.

Presentación da tempada de tertulias.
Entrega e comentario da programación do trimestre.

8/10/12

Tertulias Literarias: Inicio Tempada 2012-2013

Un ano máis, a Biblioteca Central Rialeda e a Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz acollerán unha nova tempada de Tertulias Literarias.
Esta actividade, con máis dunha década de funcionamento, consiste no comentario de obras de distintos xéneros literarios, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.
Na Biblioteca Central Rialeda hai dous grupos cun máximo de 20 participantes en cada un, reuníndose quincenalmente os mércores ás 17,30 h.
Na Biblioteca de Santa Cruz hai un grupo que se reúne quincenalmente os luns ás 18.30 h.
A duración da actividade é de 2 horas en Rialeda e 1 hora e media en Santa Cruz.
As persoas que desexen participar deben inscribirse en calquera das dúas bibliotecas, pasando a formar parte dunha LISTA DE ESPERA. A participación final estará condicionada á existencia de vacantes con respecto á tempada 2011-2012.
Tertulia de Santa Cruz: programación e datas: inicio: 15 de outubro
Grupo A (Rialeda): programación e datas - inicio: 17 de outubro
Grupo B (Rialeda): programación e datas - inicio: 24 de outubro
Máis información:
Tfnos. 981 639 511 (Rialeda) e 981 626 338 (Santa Cruz)

Hora do conto: 9 a 11 de outubro

Aquí tes a programación da hora do conto de 9 a 11 de outubro.
Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 9 de outubro
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: "Confundindo historias", "Carreira de tartarugas", "Choiva de chapeus"


Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 10 de outubro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “El viaje del cordero, la cabra y el perro”, “El gran bostezo”, “Rugidos y orejas”

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 11 de outubro
CONTACONTOS: Rato Camifuco Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: Asociación de Animais Solidarios: “A casa da Mosca Chosca”, “O galo que non sabía cantar”, “Dona Carme”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

5/10/12

Recomendacións en Radioleiros: 5 de outubro

- Infantil (de 8 a 10 anos):
"Pikolo" texto de Patxi Zubizarreta e ilustracións de Jokin Mitxelena , editado por Lóguez.
A vida non é doada cando tes sete anos e o teu pai é garda civil nunha pequena vila do País Vasco.
- Mozos/as e adultos/as:
"Antón Reixa: ghicho distinto" de Manuel Xestoso e Xosé Cid Cabido, en Xerais.
Non é só un repaso da traxectoria profesional dun dos galegos máis populares e polifacéticos dos nosos días, tamén é unha panorámica do ámbito cultural e intelectual de Galicia nos últimos trinta anos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/10/12

Hora do conto: 5 de outubro

Aquí tes a programación da hora do conto de 5 de outubro. 
A sesión dará comezo ás 18:30 horas.
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 5 de outubro
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: Asociación de Animais Solidarios: "A casa da Mosca Chosca", "O galo que non sabía cantar", "Dona Carme"
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

1/10/12

Recomendacións en Radioleiros: 28 de setembro

- Infantil (nenos-as de 10 anos en adiante):
"Mundo Arb" de Manuel Lourenzo González en SM Xerme, Premio O Barco de Vapor 2011
A comunidade ARB está formada por seres humanos que habitan nas pólas das árbores. Estes seres, denominados arborenses, están convencidos de que non existe outro mundo máis que o deles, ata que un día, un grupo de mozos decidíu emprender unha viaxe que os levará lonxe da súa terra e na que realizarán un descubrimento especial que cambiará a vida do seu pobo para sempre.
Mundo Arb é un relato de viaxes e aventuras, que defende a natureza e o deber de conservala, pero tamén unha homenaxe á loita polo coñecemento humano e á amizade.
- Mozos-as e adultos-as:
"El ruido de las cosas al caer" de Juan Gabriel Vásquez en Alfaguara, Premio Alfaguara de Novela 2011 e Finalista ao Premio Médicis 2012
Na Colombia de 1994 a 1996, Antonio Yammara coñece a Ricardo Laverde xogando ao billar e axiña sabe que estivera preso uns 20 anos. Yammara comeza a interesarse por el, e ese interese convértese en obsesión o día en que é asasinado, momento no que tamén Yammara queda ferido grave. Unha vez que se recupera, empeza unha investigación que o trasladará aos anos 70, cando unha xeración de mozos e mozas foi testemuña da aparición dun negocio delituoso que traería problemas mundiais: o narcotráfico.
O título da obra refírese ao ruído das bolas no billar, ao ruído que producen os avións ao caer, xa que a vida do protagonista está marcada por avións que caeron accidentalmente e segundo nos di o autor, tamén é unha metáfora de como cae a vida da xente, os seus proxectos familiares e todo un país dominado pola droga.
O tema principal é a historia dunha amizade frustrada, xunto cunha historia de amor en tempos convulsos, e, como nos di a editorial, unha radiografía dunha xeración atrapada polo medo.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

27/9/12

A Hora do Conto volve ás nosas bibliotecas: outubro-decembro 2012

A HORA DO CONTO volve ás nosas bibliotecas!!!
Actividade dirixida a nenas e nenos menores de 10 anos.
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Os días festivos non haberá actuacións.

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO
Outubro: os xoves, días 11, 18 e 25
Novembro: os xoves, días 8, 15, 22 e 29

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “ROSALÍA DE CASTRO”. SANTA CRUZ
Outubro: os mércores, días 10, 17, 24 e 31
Novembro: os mércores, días 7, 14, 21 e 28
Decembro: o mércores, día 5

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “MANUEL MARÍA”. OLEIROS
Outubro: os martes, días 16 e 30
Novembro: os martes, días 6 e 20
Decembro: o martes, día 4

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “Mª JOSÉ TRINCADO”. MERA
Outubro: os venres, días 5 e 19
Novembro: os venres, días 9 e 23

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “Mª JOSÉ RUSO”. DORNEDA
Outubro: os luns, días 15 e 29
Novembro: os luns, días 12 e 26

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “ÁNXEL FOLE”. NÓS
Outubro: o venres, día 26
Novembro: os venres, días 16 e 30
Decembro: o venres, día 14

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “FEDERICO GARCÍA LORCA”. MONTROVE
Outubro: os martes, días 9 e 23
Novembro: o martes, día 13

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “XOGRAR MENDIÑO”. LORBÉ
Outubro: o mércores, día 24
Novembro: os mércores, días 7 e 21
Decembro: o mércores, día 5

As contadoras e contadores Pablísimo, Soledad Felloza, Paula Carballeira, Pavís-Pavós, A Tropa de Trapo, Marisa Irimia, Ramiro Neira, Inés Cuadrado, Pedro Brandariz, Caxoto, Andrea Bayer, e a Compañía do Trinke-Trinke cos “Ratos da biblioteca” narrarán diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.

26/9/12

Recomendacións en Radioleiros: 21 de setembro

-Infantil:
"La noche del Marramiau", texto e ilustracións de Xan López Domínguez, en Edelvives.
Mixi é un gato que chegou á localidade de Husmea disposto a gozar plenamente da "gran noite do Marramiau", pero todo se lle vai complicar cando enfada a unha malvada bruxa.
Fermosas ilustracións, no estilo do seu autor. Tamén debemos observar a diferente tipoloxía da letra, segundo o que se queira destacar. Estamos ante unha obra de humor e misterio que recomendamos para nenas e nenos a partir de 7 anos.
- Mozos/as e adultos/as:
"Indignación" de Philip Roth, en Mondadori.
É o ano 1950 e Markie, un mozo xudeu, intelixente e bo estudante, decide escapar do que el chama "opresión" do pai, matriculándose nunha universidade privada localizada a 800 quilómetros da súa casa.
Un relato que mostra o desencanto, impotencia e rabia (xa o propio título "Indignación" o expresa) dun mozo ante as normas e intolerancias desa universidade, que non comparte e que lle van ocasionar numerosos problemas e dificultades. O autor explicou que quería escribir sobre a inexperiencia e a desesperación. Nesta novela podemos ver como nos equivocamos en moitas das decisións que tomamos e, ás veces, actos que parecen sen importancia, ou casualidades, despois son fundamentais na nosa vida.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/9/12

Recomendacións en Radioleiros: 14 de setembro

- Infantil (nenos-as menores de 8 anos):
"Fiz, o coleccionista de medos" texto de Fina Casalderrey e ilustracións de Teresa Lima en OQO
Fiz non era coma os outros nenos: Fiz era o neno máis medorento do mundo! Así comeza este relato sobre un neno que tiña moitos medos...
Fermoso libro que nos fala do poder de superación que cada persoa debe afrontar contra os seus propios medos. Unha obra sobre os sentimentos e as emocións, cunhas atractivas e orixinais ilustracións que mereceron unha distinción do xurado do Premio Nacional de Ilustración de Portugal no ano 2011, na súa edición portuguesa.
- Mozos/as e adultos/as:
"El verano sin hombres" de Siri Hustvedt, editado por Anagrama
Mia, aos 55 anos, volveuse tola cando o seu home dixo a palabra “pausa” e tiveron que ingresala temporalmente nun hospital psiquiátrico. Despois de trinta anos casada e sen adulterios, agora el dille que precisa unha pausa no seu matrimonio, pero esta “pausa” é francesa, vinte anos máis nova que ela e traballa con el no laboratorio...
Unha novela amena, con toques de ironía e gran sentido do humor, que trata sobre esa crise que acontece nalgunhas parellas despois de levar moitos anos vivindo xuntos e sen problemas, nas que un día el decide irse con outra. Tamén fala das diferenzas, principalmente a que marca a idade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.



11/9/12

A pique!: libros e pelis de naufraxios no centenario do Titanic 1912-2012

Durante 100 días (finalizará a mediados de setembro) lembramos o centenario do naufraxio do Titanic cunha exposición de libros e DVD, composta por case cen títulos, para nenos-as, xoves e adultos-as. Xunto a unha maqueta do extraordinario navío, deseñado para ser insomerxible, que fora o máis moderno e grande do seu momento, amosamos libros e películas nos que hai naufraxios, piratas, barcos, exploradores-as, e mil e unha aventuras relacionadas co mar. Visita a escolma de títulos!

7/9/12

Recomendacións en Radioleiros: 7 de setembro

- Infantil (nenos/as menores de 6 anos):
"Otto, el oso de libro" de Katie Cleminson, editado por Juventud
Otto, un oso que forma parte dun libro, ten vida propia. Cando o esquecen nunha mudanza sae a coñecer mundo e descobre unha nova realidade. Escrito e debuxado por K.Cleminson, considerada un dos novos valores da ilustración no Reino Unido.
- Mozos/as e adultos/as:
"Futuro imperfecto" de Xulia Alonso Díaz, en Galaxia
Testemuña autobiográfica da viaxe pola droga dunha parella galega nas décadas dos 80 e 90 do pasado século. Un documento excepcional a nivel humano.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.



3/9/12

Recomendacións en Radioleiros: 31 de agosto

- Infantil (de 12 a 14 anos):
"Donde los árboles cantan" de Laura Gallego, en SM
Novela de ambiente medieval na que a protagonista é unha doncela, Viana de Rocagrís, mimada pola vida ata que o reino é invadido polos bárbaros das estepas que poñen fin á súa vida privilexiada.

- Mozos-as e adultos-as:
"A neta do señor Linh" de Philippe Claudel, editado por Rinoceronte. En castelán, "La nieta del señor Linh", está editada por Salamandra.
A guerra deixou ao señor Linh sen máis compaña que a da súa netiña Sang Diu.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/8/12

Recomendacións en Radioleiros: 24 de agosto

- Infantil (de 6 a 8 anos):

As manoplas de Carapuchiña, de Inés Almagro, con ilustracións de Mikel Mardones
Editado por OQO

Actualización do conto tradicional de Carapuchiña, cun remate sorprendente.
Magníficas ilustracións.

- Para mozos/as e adultos/as:

Las legiones malditas, de Santiago Posteguillo
En Ediciones B

Novela histórica arredor de Publio Cornelio Escipión, comandante das tropas romanas en Hispania. As tensións do poder en Roma e a súa loita con Cartago, conforman este interesante libro.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.