26/9/12

Recomendacións en Radioleiros: 21 de setembro

-Infantil:
"La noche del Marramiau", texto e ilustracións de Xan López Domínguez, en Edelvives.
Mixi é un gato que chegou á localidade de Husmea disposto a gozar plenamente da "gran noite do Marramiau", pero todo se lle vai complicar cando enfada a unha malvada bruxa.
Fermosas ilustracións, no estilo do seu autor. Tamén debemos observar a diferente tipoloxía da letra, segundo o que se queira destacar. Estamos ante unha obra de humor e misterio que recomendamos para nenas e nenos a partir de 7 anos.
- Mozos/as e adultos/as:
"Indignación" de Philip Roth, en Mondadori.
É o ano 1950 e Markie, un mozo xudeu, intelixente e bo estudante, decide escapar do que el chama "opresión" do pai, matriculándose nunha universidade privada localizada a 800 quilómetros da súa casa.
Un relato que mostra o desencanto, impotencia e rabia (xa o propio título "Indignación" o expresa) dun mozo ante as normas e intolerancias desa universidade, que non comparte e que lle van ocasionar numerosos problemas e dificultades. O autor explicou que quería escribir sobre a inexperiencia e a desesperación. Nesta novela podemos ver como nos equivocamos en moitas das decisións que tomamos e, ás veces, actos que parecen sen importancia, ou casualidades, despois son fundamentais na nosa vida.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario