4/2/26

52 encontros coa emoción dos contos!!! Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros de febreiro a maio de 2026

52 encontros coa emoción dos contos!!! Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros de febreiro a maio de 2026
Desde febreiro a maio teremos 52 oportunidades de atoparnos co engado de historias marabillosas e a narración de contos tradicionais e literarios. Serán contacontos para crianzas de 2 a 4 anos e a partir de 5 anos e obradoiros (ciencia, ilustración, etc.) para a cativada de 6 anos en adiante. Tanto as sesións da hora do conto como os obradoiros se celebrarán ás 17:30 h. 
52 encontros coa emoción dos contos!!! Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros de febreiro a maio de 2026Lembramos que o aforo é limitado, é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Podes facelo desde dez días antes da celebración da actividade, achegándote persoalmente, por teléfono ou internet en www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Nesta xeira da hora do conto contamos con profesionais da narración oral como A Xanela do Maxín, Trinketrinke Teatro, Ramiro Neira, Pablo Díaz, Trémola Teatro, Tarabelos Teatro, Ariadna Ligero, Marta Ortiz, Raquel Crespo, Soraya Lema, Raquel Queizás, Charo Pita, Olga Abad e Iseo a Moura. Patricia Cameán, Laura Caneira e Ciencia Kids levarán a cabo os obradoiros de ilustración e construción de xoguetes eléctricos. A información está dispoñible en calquera das sete bibliotecas municipais e nesta ligazón.
Divírtete escoitando contos, conéctate á maxia das palabras e participa nas actividades infantís de Bibloleiros!

No hay comentarios:

Publicar un comentario