A máscara do león, de Margarita del Mazo e ilustrado por Paloma Valdivia
Editado por OQO
No máis profundo da sabana naceu un león, ainda que pequeno, seu pai mirábao orgulloso e dicía "serás un auténtico Rei da sabana!". O león medrou, pero na súa cara sempre había un enorme sorriso ...
Fermoso relato cunhas coloridas e simpáticas ilustracións que conta as discrepancias entre un pai e o seu fillo, pero que ensalza o valor da amizade e o poder do sorriso fronte ao medo.
- Mozos/as e Adultos/as:
Sunset Park, de Paul Auster
Editado por Anagrama
Miles Heller era un bo estudante e un mozo prometedor mais por unha serie de problemas familiares decide fugarse da casa. Recorre diferentes cidades e chega a Florida onde traballa para unha empresa, subcontratada polos bancos, baleirando as casas das persoas deshauciadas por non pagar a hipoteca. A el non lle gusta ese traballo pero é o que puido conseguir e está bastante ben pagado. Propúxose documentar os rastros desas vidas, polo que vai tomando fotografías. Comprende que non van servir a ninguén, que non son de utilidade, pero el precisa facelo. Ten 28 anos e carece de ambicións. Un día, nun parque, coñeceu a Pilar Sanchez, á que lle faltan uns meses para cumprir os 18 e establece un relación con ela. Debido a que Miles pode ir á cadea por estar cunha menor, a irmá máis vella de Pilar comeza a chantaxealo. Decide volver a Nova York ata a maioría de idade da moza. Esta volta é un regreso ao pasado e á súa familia. Alí reside, xunto cun amigo e outras persoas, nunha casa okupa situada nunha zona de Brooklyn, chamada Sunset Park, onde nos presenta os distintos habitantes e as dificultades que teñen para sobrevivir, como renuncian a ter ilusións e só viven o presente.
Escrita cunha prosa áxil, Paul Auster preséntanos unha obra de total actualidade, un retrato da chamada “xeración perdida” pero tamén de como afecta a crise económica a unha parte da sociedade americana actual.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario