- Infantil (a partir de 4 anos):
No todas las vacas son iguales, de Antonio Ventura con ilustracións de Pablo Amargo.
Camelia.
As vacas, aínda que o pareza, non son todas iguais.
Diferéncianse na cor, no tamaño e tamén nos seus gustos e preferencias.
A algunhas vacas gústalles deitarse na herba do prado, a outras xogar ás agachadas, algunhas soñan con ser xabaril, outras prefiren pasar o tempo mirando ...
Pero o que lles gusta a todas, sobre todo cando son pequenas, é que seus pais lles conten contos á hora de ir durmir.
- Mocidade e persoas adultas:
Todos los nombres, de José Saramago.
Alfaguara.
Don José é un escribán da Conservaduría Xeral do Rexistro Civil. Alí anota a diario datos nas fichas dos vivos e nas fichas dos mortos que forman un inmenso arquivo.
A Don José gústalle coleccionar noticias sobre persoas famosas. Pero, para outorgarlles fiabilidade, decide completalas cos documentos do Rexistro Civil onde traballa.
Un día, por casualidade, repara na ficha dunha muller descoñecida e chámalle a atención que nela figuran moi poucos datos, apenas os esenciais, e decide poñerse a investigar.
Isto lévao a protagonizar mil aventuras e cometer infraccións varias. Algo impensable para el que sempre fora tan responsable, metódico e entregado no seu traballo e na súa vida.
Unha novela sobre a identidade e a soidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario