- Infantil (a partir de 3 anos):
O formigueiro, de Petra Bartíková con
ilustracións de Magdaléna Takáčová.
Baía
Unha formiga invítanos a entrar na súa casa, o formigueiro, que parece unha morea de arume mais en realidade é unha construción con moitísimas cámaras e galerías.
- Mocidade e persoas adultas:
La mala costumbre, de Alana S. Portero
Seix Barral
Versión dixital en eBiblio
Historia dunha nena, atrapada nun corpo que non sabe habitar, que intenta comprenderse a si mesma e ao mundo que a rodea.
A protagonista vive no barrio obreiro madrileño de San Blas, arrasado pola heroína nos anos oitenta. Aínda que na súa familia non faltan o amor e os coidados, as xornadas de traballo interminables deixan pouco tempo para conversar e prestar atención ao que queda á marxe da “normalidade”.
Unha novela sobre o difícil que é chegar a ser un mesmo e os acontecementos e as persoas que moldean as nosas vidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario