5/4/24
Recomendacións en Radioleiros: 5 abril 2024
- Infantil (a partir de 5 anos):
La orquesta de la esperanza, de Carmen Oliver con ilustracións de Luisa Uribe.
Juventud.
Baseado nunha historia real. Conta a historia de como Favio Chávez ensinou ás nenas e aos nenos de Cateura, un pobo construído sobre o vertedoiro máis grande de Asunción (Paraguay), a crear música reciclando lixo.
“O mundo envíanos lixo. Nós devolvémoslle música”
- Mocidade e persoas adultas:
El cuerpo de Cristo, de Bea Lema.
Astiberri.
Primeira novela gráfica de Bea Lema na que se aborda a enfermidade mental dende a perspectiva dunha nena. A historia está contada por Vera, unha nena que pronto comprenderá que algo lle ocorre á súa nai e que non lle tocou vivir unha infancia normal.
Unha emotiva e reivindicativa historia de amor e de coidados entre unha filla e súa nai marabillosamente ilustrada con debuxos e incribles bordados feitos a man pola autora.
Previamente a esta edición en castelán galardoada internacionalmente (Festival de Angoulême, Festival de Pèrigord), Bea Lema editou unha primeira e diferente versión en galego co título O Corpo de Cristo (XII Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña en 2017)
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Etiquetas:
Recomendacións en Radioleiros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario