2/4/24

Presentación da obra "Verde en el tejado" de Silvia Salgado: 4 de abril

Teatro "As Torres" (Santa Cruz)
Xoves 4 de abril ás 19:00 h.

Intervirán:  a autora, Silvia Salgado; a editora e directora de Hércules de Edicións, Laura Rodríguez.

Verde en el Tejado é unha novela sobre a amizade, as emocións e a superación.
A través dunha relación especial da protagonista con Virginia (unha acuarelista que pinta flores e que reside en Verona) atopa a forza necesaria para afrontar o seu futuro e reconciliarse cun pasado familiar tumultuoso.
Un eloxio á vida e á beleza que se pode atopar en obxectos como as flores ou os libros.

Silvia Salgado é unha autora catalá que reside en Mera (Oleiros). Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Barcelona e cun posgrado en Xornalismo da Universidade Columbia de Nova York.
Algunhas das súas obras publicadas son: Mientras hilan las mariposas, La aldea, El intermedio que somos e Si te vuelves invierno.
Colabora como columnista en El Ideal Gallego e dirixe talleres de escritura creativa e clubs de lectura.
Compaxina o seu traballo coa súa paixón pola fotografía.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario