2/4/24

O libro "Rialeda, poesía da natureza" divúlgase entre o alumnado de 6º de Ensinanza Primaria.

Co obxectivo de conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, as Bibliotecas Municipais de Oleiros distribuirán entre o alumnado de 6ª curso de primaria dos colexios públicos deste municipio a publicación "Rialeda, poesía da natureza", na que se amosan e dan coñecer as árbores e arbustos do xardín da Biblioteca Central Rialeda, ademais de explicar algunhas das principais características arquitectónicas do edificio no que está situada.

De cada especie vexetal preséntase unha fotografía, a descrición da planta e acompáñase duns versos da obra de diversos escritores e escritoras.

Os textos foron realizados por Fina Mosquera Roel, profesora de ensinanza primaria no colexio Valle Inclán de Perillo.
As fotografías e o deseño son de Miguel Sánchez Mosquera que estudia Bachelor of Arts de fotografía e vídeo en LABA Valencia School of Art Design & New Media.
A coordinación e a selección das poesías foi realizada polo persoal da Biblioteca Central Rialeda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario