8/3/24

Conmemoración do Día da Muller 2024 en Bibloleiros

Conmemoración do Día da Muller 2024 en Bibloleiros
Conmemoración do
Día da Muller eBibloleiros. En todas as bibliotecas municipais realizaranse exposicións de fondos bibliográficos (libros, DVD, CD) relacionados con feminismo, mulleres que destacaron como científicas, escritoras, no mundo da arte, na música, no cine, no deporte, na política e noutras temáticas. Tamén obras literarias, tanto para público infantil e xuvenil como para persoas adultas, escritas por mulleres.

"Mulleres e Artes", escolma de libros sobre artistas ocultadas polo veo da invisibilidade. Exposición bibliográfica que fala de escritoras, pintoras, escultoras, artistas que foron inspiradoras, transgresoras, valentes e libres. Mulleres vangardistas que contribuíron de xeito crucial a transformar as súas áreas artísticas pero non viron recoñecido o seu inmenso traballo, aínda hoxe.
Exposición de material bibliográfico titulada “Literatura en feminino” no que figurarán obras de autoras que ao longo da Historia da Literatura por un ou outro motivo recolleron alegatos contra a sociedade patriarcal e a denuncia das desigualdades en todos os ámbitos sociais.
Mostra "Medrando en igualdade", para este día de reflexión e reivindicación desde a biblioteca queremos seguir mostrando o noso compromiso coa igualdade.
Exposición bibliográfica “Da man dELAS”: historias de nenas e mulleres que afrontan prexuízos e loitan polos seus soños.
"Mulleres relevantes na historia" é unha exposición para público infantil con biografías de mulleres que fixeron historia conseguindo grandes logros científicos, sociais, políticos e artísticos.
Mostra bibliográfica na sala infantil e xuvenil "Mulleres que deixaron pegada" sobre mulleres que destacaron como científicas, no mundo das artes, da política, do deporte, etc. 
Exposición sobre o feminismo.

ACTIVIDADES PARA PÚBLICO INFANTIL
Todas as sesións serán ás 18:30 h.
1 de marzo: "Rebeldes" con Ramiro Neira na Biblioteca Mª José Trincado (Mera). Para crianzas a partir de 5 anos.
4 de marzo: "A cidade violeta" a cargo de Anxo Fariña na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda). Para crianzas a partir de 5 anos.
5 de marzo: "Exploradoras" con Ramiro Neira na Biblioteca Manuel María (Oleiros). Para crianzas a partir de 5 anos.
6 de marzo: "Lúa quere viaxar a Marte" a cargo de A Xanela do Maxín na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). Para crianzas a partir de 5 anos.
7 de marzo: "De princesas vai o conto" a cargo de Proyecto Bululú na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé). Para crianzas a partir de 5 anos.
7 de marzo: "E ti que queres ser de maior?" con Trémola Teatro na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Dirixido a crianzas a partir de 5 anos.
8 de marzo: "Unha nena moi moi valente" a cargo de Trémola Teatro na Biblioteca Ánxel Fole (Nós). Para crianzas a partir de 5 anos.

Actividades plásticas e manuais
- Biblioteca Manuel María (Oleiros):
Actividade para público infantil “Comecocos pola igualdade”. Creamos un comecocos con 8 preguntas sobre o reparto das tarefas do fogar e dos coidados. Para xogar e reflexionar en familia.
- Biblioteca Ánxel Fole (Nós):
Pasatempos como a sopa de letras para atopar os nomes de mulleres galardoadas co Premio Nobel.
- Biblioteca Xograr Mendiño:
Debuxos de mulleres ilustres cunha pequena descrición biográfica para as crianzas.

5 de marzo: "Contos pola igualdade" para alumnado de 3º e 4º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
6 de marzo: "Contos pola igualdade" para alumnado de 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
7 de marzo: "Contos pola igualdade" para alumnado de 3º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).

ACTIVIDADES PARA MOCIDADE E PÚBLICO ADULTO
Presentación da obra "Aprendendo a vivir na túa ausencia" de Carmen Torreiro. Xoves 7 de marzo ás 19:00 h. no Teatro "As Torres" (Santa Cruz). Intervirán: a autora, Carmen Torreiro; o escritor e editor, Xulio López Valcárcel e a psicóloga, Alma López Sande.

No hay comentarios:

Publicar un comentario