20/12/23

21 decembro 2023: entrega de premios ás-aos usuarias-os que máis fondos bibliográficos levaron en préstamo nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

21 decembro 2023: entrega de premios ás-aos usuarias-os que máis fondos bibliográficos levaron en préstamo nas Bibliotecas Municipais de Oleiros
Data:
xoves 21 de decembro
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Hora: 18:00 h.
Na sociedade actual é necesario que as bibliotecas públicas traballen na promoción da lectura, pero tamén en atraer a todos os sectores da poboación para colaborar na consecución dunha sociedade máis culta, igualitaria e cohesionada. 
Considerando isto, desde as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, cos obxectivos de atraer a toda a poboación ás bibliotecas, fomentar a lectura e o préstamo de fondos bibliográficos, programáronse a creación duns premios ás usuarias e usuarios que máis fondos bibliográficos levasen en préstamo. 
As persoas gañadoras extráense dos datos que aporta o programa de xestión de bibliotecas, no seu módulo de préstamo, e son usuarias e usuarios de calquera das sete bibliotecas municipais de Oleiros: Biblioteca Central Rialeda en Perillo, Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso de Dorneda, Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado de Mera, Biblioteca Pública Municipal Manuel María de Oleiros, Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole de Nós e Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño de Lorbé. Son as que máis fondos bibliográficos (libros, revistas, discos e/ou DVD), relacionados coas súas idades, levaron en préstamo a domicilio durante o ano 2022.
Os premios consistirán en tarxetas regalo para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico.
Definíronse 4 categorías:
- Menores de 6 anos
- De 6 a 11 anos
- De 12 a 17 anos
- A partir de 18 anos
Para cada unha das categorías establecéronse 3 premios:
- 1º premio: Entrega dunha tarxeta regalo para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 100 €.
- 2º premio: Entrega dunha tarxeta regalo para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 75 €.
- 3º premio: Entrega dunha tarxeta regalo para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de 50 €.
Na categoría de “A partir de 18 anos” hai un empate no 3º premio polo que se entregarán dous premios.
*Ás 18:30 h., finalizará o acto co espectáculo de maxia titulado “Maxia de aquí e de acolá” coa actuación do mago David Méndez.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario