22/12/23

Recomendacións en Radioleiros: 22 decembro 2023

- Infantil (a partir de 3 anos):

A pantasma das bragas rotas, con textos de José Carlos Andrés e ilustracións de Gómez.
NubeOcho

En Castrelo Pesadelo todo o mundo vive aterrecido porque alí vive a pantasma das bragas rotas. A pantasma asusta ás veciñas e aos veciños a todas horas e xa están fartos de non poder vivir tranquilos.
Finalmente o problema solucionarase con pragmatismo e sobre todo con moi bo humor.


- Mocidade e persoas adultas:

Furia, de María Reimóndez
Xerais

Versión dixital en Galiciale

Cecilia é unha adolescente de dezaseis anos que queda orfa xusto antes da pandemia.
Como ela mesma di “Non teño nai nin pai. Ou, mellor dito, por esa orde, pai nunca tiven e nai, morreu xusto antes da pandemia. Unha putada, pero non quero pensar no que sería se chegase a pasar durante. Vivo coa miña avoa, que en realidade é a  miña tía avoa, pero iso é demasiado complicado de explicar polo de agora...”.
Cecilia é incapaz de convivir cunha dor tan grande. A isto súmanse a pandemia e a precariedade porque súa nai, ademais de ser a persoa máis querida, era a que facía fronte aos gastos da casa. Cando a cousa parece que xa non pode empeorar máis atópase co boxeo. Grazas a este deporte, e ao apoio de certas persoas, Cecilia vai atopar a confianza nas propias forzas.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario