Martes 27 de xuño ás 18:30 h.
Encontro literario coa resitadora, poeta e artista multidisciplinar Nuria Vil.
Con
formación en filoloxía, o seu traballo artístico -eminentemente oral-
envolve a palabra falada e o diálogo entre distintas artes para levar a
poesía máis aló da escrita, formando parte de proxectos de poesía
escénica e artes multidisciplinares. Actualmente, tamén traballa na
corrección editorial, forma parte da equipa de A Sega e xestiona un
perfil en Patreon -onde comparte relatos sonoros inéditos- e na canle de
Youtube "Coidado coa Cadela". Gañou a Bolsa Ensaia 2022 pola súa
traxectoria artística e investirá os cartos na rodaxe e distribución da
peza audiovisual Delincuente, inspirada no seu poema homónimo sobre a
historia obreira da cidade de Vigo, a figura de La Maradona e a poesía
galega contemporánea. A súa peza Espazo a vulnerar vén de estrearse no
Festival Escenas do Cambio (Cidade da Cultura, 2023). Simún (Chan da
Pólvora, 2021) é ata o momento o seu único poemario escrito, co que foi
finalista nos Premios Follas Novas. Algúns dos seus textos recóllense en
CDs autoeditados, fanzines e nas antoloxías Alguén nos lembrará
(Xerais, 2023), Así fala Penélope (Chan da Pólvora, 2022), Poesía Galega
Novísima (Urutau, 2020), Trobeir*s do Século XXI (Chan da Pólvora,
2019), e Dentes para a mazá (Chan da Pólvora, 2018), mais a meirande
parte deles permanecen orais e inéditos. Este 27 de xuño, conversaremos
na súa compaña arredor do transfeminismo, o antiespecismo, a conciencia
antirracista e a vindicación social, como eixos transversais que
vertebran a súa forma de crear e de posicionarse no mundo.
Entrada libre ata completar aforo.
Este
encontro encádrase dentro da actividade “Cafés en lila: Literatura e Feminismo”, organizada pola Concellaría de Igualdade do Concello de Oleiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario