23/12/22

Recomendacións en Radioleiros: 23 decembro 2022

- Infantil (nenas-os a partir de 3 anos):
"Óscar, o unicornio famento" de Lou Carter e ilustrado por Nikki Dyson. En Picarona. 
Óscar rompe con todos os estereotipos que coñecemos sobre os unicornios. Polo de pronto a súa cara é de “poucos amigos”, non ten un corpo estilizado nin trota dun xeito harmonioso, pero é divertidísmo e a Oola, a princesa que leva toda a súa vida desexando ter un alicorno, parécelle a mascota perfecta. Unha lectura divertida, con moito humor e fantasía. 
- Mozas-os e adultas-os:
 
"El corazón helado" de Almudena Grandes. En Tusquets.
Dispoñible en eBiblio 
 
A porta de entrada para esta novela sobre a guerra civil española, o exilio, a posguerra e a Transición, é a aparición dunha muller nova e descoñecida nun pequeño cemiterio de Torrelodones durante o enterro de Julio Carrión, coñecido home de negocios madrileño, nos primeiros anos do século XXI. 
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario