23/2/22

Día de Rosalía de Castro 2022: 23 de febreiro

O 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, debido a ser a data do seu nacemento. Rosalía de Castro é un símbolo para o pobo galego, unha das grandes poetas da literatura galega e española do século XIX e unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego. Un ano máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros compartimos a iniciativa que promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  e celebramos o aniversario do nacemento da autora. A  AELG propón á cidadanía desde 2010 que agasalle un libro en galego e unha flor. O lema escollido para 2022 é #SementadePensamentos 
 
Obxectivos:
-Promover a lectura de obras da ilustre poeta Rosalía de Castro.
-Recoñecer o valor da obra da escritora Rosalía de Castro.
Actividades:
Para festexar esta conmemoración, homenaxearamos a esta ilustre autora cos seguintes actos:
"Cantando os cantares", a cargo de Truque Matruque, que achegará a un público infantil unha das obras máis importantes da literatura galega , "Cantares gallegos". A través dun concerto interactivo, Marcos Acuña cantará varios dos poemas que figuran nesta magnífica obra.
O 24 de febreiro, ás 18:30 h, "Cantando os cantares", a cargo de Truque Matruque, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Para maiores de 6 anos.
O 23 de marzo, ás 18:30 h, "Cantando os cantares", a cargo de Truque Matruque, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). Para maiores de 6 anos.

“Has de cantar,
que che hei de dar zonchos;
has de cantar
que che hei de dar moitos”.

*Mostra bibliográfica sobre Rosalía de Castro en todas as Bibliotecas Municipais de Oleiros, nas que se expoñerán libros e CD para todos os públicos.
*Pasatempo infantil. Labirinto para que os nenos e as nenas busquen o xeito de ir da casa de Rosalía en Padrón ata Santiago.

No hay comentarios:

Publicar un comentario