- Infantil (a partir de 6 anos):
Los lunes de colores, de Nelson Rodríguez e Leonardo Agustín Montes, con ilustracións de Rosana Faría e Carla Tabora
Juventud
Ao igual que centenares de nenos e nenas en Honduras, Luis non ten un fácil acceso á cultura, aos libros ou á biblioteca. Aquí é onde entra en acción o bibliomóbil, un vehículo equipado con libros, mesas, carpas, sillas, etc, para poderlles prestar libros e representar historias aos nenos e nenas da comunidade. Un refuxio na súa durísima realidade. Todos os luns, Nelson e Gerson acuden co seu bibliomóvil a Villa Nueva.
Cando marcha, Luis ten a cabeza chea de historias alegres para irllas contar á súa nai e quitarlle de enriba todas as historias tristes que ela leva a costas.
- Mozas/os e adultas/os:
Y llovieron pájaros, de Jocelyne Saucier
Minúscula
Tres homes constrúen un santuario impertubable nos magníficos bosques canadienses. A súa paz verase perturbada, primeiro coa chegada dunha fotógrafa que está facendo unha reportaxe sobre os Grandes Incendios de Canadá, e despois cunha pequena fuxitiva de oitenta anos con todo un mundo por descubrir.
“Y llovieron pájaros” fala de persoas adultas que desexan, sofren e lembran. Un libro que fala da vellez como un privilexio, como o último refuxio da liberdade, alí onde se desfan as ataduras e se permite que a mente voe.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario