15/11/22

Charla “Reflexións sobre a enerxía” a cargo de Emilio Menéndez Pérez en Rialeda

Charla “Reflexións sobre a enerxía”.
Día: mércores 16 de novembro.
Hora: 20:00 h.
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo), a cargo do enxeñeiro Emilio Menéndez Pérez.

O enxeñeiro Emilio Menéndez Pérez reflexionará sobre a enerxía desde un punto de vista histórico. Desde a situación actual de Galicia como exportadora de enerxía eléctrica, realizará unha revisión do sistema enerxético galego, principalmente nos séculos XX e XXI, tanto en esquemas de xeración como na participación de empresas, locais primeiro e logo de fóra, coa incidencia ambiental e social derivada do anterior. Emilio Menéndez Pérez é doutor Enxeñeiro de Minas. Foi Subdirector de I+D de Endesa e Profesor Honorario de Universidade.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo da sala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario