28/1/22

Recomendacións en Radioleiros: 28 xaneiro 2022

- Xuvenil (a partir de 14 anos):

O mal querer, de Natalia Carou
Baía

É a historia dun rapaz de 17 anos que nun momento determinado da súa vida comete un delito, ingresa nun centro de menores e alí coñece a Iria, a psicóloga encargada dos seus informes. Ela irá descubrindo que nada é o que parece, involucrando aos lectores nunha historia dura na que atopamos maltrato, acoso, machismo, drogas e tamén por que non decilo, a desidia dun entorno familiar pernicioso.

- Mozas/os e adultas/os:

El hereje, de Miguel Delibes
Destino

A novela narra a vida do vallisoletano Cipriano Salcedo marcada por nacer o mesmo ano no que naceu a Reforma Luterana. Desde a súa infancia, Cipriano veráse inmerso nun sinfín de inquietudes espirituais, que o levan a buscar axuda na súa formación relixiosa.
Mentres a súa vida segue, hereda o negocio de la do seu pai, que amplia co curtido e comercio de peles, convertindo o zamarro dos pastores nunha peza de roupa usada por todas as clases sociais. Viaxa a Flandes onde se pon en contacto coas doctrinas de Erasmo. É denunciado ao Santo Oficio, detido e xulgado coas mínimas garantias de xustiza.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario