O 4 de febreiro darán comezo as sesións da Hora do conto nas Bibliotecas Municipais de Oleiros, dirixidas a nenas e nenos a partir de 6 anos. Nos meses de febreiro a maio, nas sete bibliotecas municipais, levaranse a cabo 56 sesións de diferentes actividades infantís
para fomentar á lectura e animar a que visiten as bibliotecas no seu
tempo libre. Estas actividades realizaranse a través de narración ou dramatización dun ou varios contos. Tamén haberá música, maxia e outros espectáculos para atraer á lectura ao público infantil. Todos os actos terán un enfoque lúdico, fomentando a imaxinación e a creatividade, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de ilusión e fantasía.
Aforo limitado: É imprescindible reservar praza
na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Isto pode
facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse
inscribir desde dez días antes da data de realización.
Os
obxectivos que se intentan conseguir son fomentar a lectura a través do
pracer e o gusto por esta, que se divirtan escoitando contos, facer
novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito e promover o
descubrimento da diversidade dos libros. Preténdese introducir as nenas e
os nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan
comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar unha
sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a
lectura, para que vexan que tamén se divirten e pasan momentos
agradables cos libros.
Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais ou acceder á programación detallada nesta ligazón.
Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais ou acceder á programación detallada nesta ligazón.
AVISOS
*
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde
pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do
COVID-19, nas sesións presenciais será necesario notificar os datos
persoais dos/as participantes ao persoal da biblioteca que coordine a
organización do evento.
* O/A adulto/a responsable de cada un
dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da
biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario