- Infantil (nenas-os a partir de 3 anos):
"Na cola para a Arca", texto de Antonis Papatheodoulou e ilustracións de Iris Samartzi. Editado por Kalandraka.
Os protagonistas, unha parella de ratiños namorados que pasean pola fraga e observan unha ringleira de animais moi diferentes, a maioría en parellas, que falan dun suceso que vai ter lugar, no que xoga un papel importantísimo un tal Noé, que acaba de construír unha Arca. A situación vólvese máis desacougante cando comezan a caer as primeiras pingas… e alguén di que se achega un gran dioivo.
"Seda" de Alessandro Baricco. En Anagrama.
Unha viaxe a través dos sentidos, das emocións, con encontros e suxestións que transforman ao protagonista. Este, Hervé Joncour é un tranquilo comprador e vendedor de vermes de seda que percorre o mundo na procura de remesas sen contaminar. Está casado con Hélène e vive en Lavillededieu, un pobo fránces adicado case por completo á manufactura da seda. Cando a materia prima comeza a escasear, viaxar ata o misterioso Xapón, é a única solución...
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario