Unha tempada máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos a partir de 6 anos. Nos meses de setembro a decembro, nas sete bibliotecas municipais levaranse a cabo 56 sesións de diferentes actividades infantís para fomentar á lectura e animar a que visiten as bibliotecas no seu tempo libre. Estas actividades realizaranse a través de narración ou dramatización dunha ou varias historias, pero tamén haberá música, maxia e outros espectáculos para atraer á lectura ao público infantil. Todos os actos terán un enfoque lúdico, fomentando a imaxinación e a creatividade, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de ilusión e fantasía.
Aforo limitado: É imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización.

Ler conta Moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros, pero tamén se planificaron outras exclusivamente municipais para completar a programación destes meses.
Os obxectivos que se intentan conseguir son fomentar a lectura a través do pracer e o gusto por esta, que se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito e promover o descubrimento da diversidade dos libros. Preténdese introducir as nenas e os nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, para que vexan que tamén se divirten e pasan momentos agradables cos libros.
Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais ou acceder á programación detallada nesta ligazón.
Todas as sesións realizaranse presencialmente ás 18:30 horas na biblioteca correspondente, pero tamén poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/ e da Web municipal http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións dos venres serán a partir do luns) e durante 48 horas.
As nenas e nenos que non poidan asistir presencialmente animámolos a que as vexan no formato audiovisual e se divirtan con estes contacontos.

AVISOS
* Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, nas sesións presenciais será necesario notificar os datos persoais dos/as participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.
* O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario