De 5 a 19 de abril, convidamos as-os nosas-os usuarias-os a imaxinar o seu personaxe de ficción favorito, dentro da actividade “Imaxina personaxes”. Teremos un taboleiro onde poderán ir engadindo os nomes das figuras de conto que máis lles apeteza, pode ser dos libros da Mostra bibliográfica que temos na entrada da biblioteca (selección de libros gañadores do Premio Andersen ao longo dos anos), outros contos da biblioteca, dos que teñan na casa…
A biblioteca proporcionará recortables en forma de flor e nubes para que cada participante escriba dentro o nome do personaxe e o pegue no taboleiro habilitado.
- Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Poderás contemplar a Exposición bibliográfica de dúas grandes escritoras xa clásicas da literatura infantil e xuvenil a nivel mundial: son Maria Gripe e Christine Nöstlinger ambas con recoñecido prestixio, unha ampla traxectoría profesional e numerosos galardóns, entre eles o Premio Hans Christian Andersen.
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Durante o mes de abril
podes ver "ExpoCómic", unha mostra das coleccións de banda deseñada
infantil e xuvenil dispoñibles na biblioteca. Ademáis, durante este
mes, agasallaremos as-aos cativas-os cun orixinal marcapáxinas para
colorear.
- Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Durante o mes de abril terás a ocasión de ver a Exposición bibliográfica de obras de H.C. Andersen. Ofrecerémosche marcapáxinas para colorear e o mural de recomendacións: as-os usuarias-os poden recomendar un libro (escribindo ou as-os máis pequenas-os debuxando) e colocarase nun mural para que as-os demáis usuarias-os podan consultalas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario