27/1/26

Entroido 2026 en Bibloleiros: 7 obradoiros de mascarada Pop Up

Entroido 2026 en Bibloleiros: 7 obradoiros de mascarada Pop Up
Obradoiros de mascarada Pop Up
con Xogando nas Nubes.
Para nenas-os a partir de 6 anos.
- Máximo de participantes en cada obradoiro: 20
- Duración: 120´
- Hora: 17:30
- Aforo limitado: imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexes participar. Podes facelo telefonicamente, achegándote á biblioteca correspondente ou en liña: www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
O prazo para inscribirte ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.



Luns 9 de febreiro
Tlf.: 981 626 638

Mércores 11 de febreiro
Tlf.: 981 626 338

Xoves 12 de febreiro
Tlf.: 981 639 511

Venres 13 de febreiro
Tlf.: 981 628 507

Mércores 18 de febreiro
Tlf.: 981 664 257

Xoves 19 de febreiro
Tlf.: 981 618 201
Aviso:
A persoa adulta responsable de cada unha das crianzas deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

26/1/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (27 e 28 xaneiro 2026)


 Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 27 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El barón rampante" de Italo Calvino.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 28 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El túnel" de Ernesto Sábato.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red]. 

23/1/26

Suspensión Ler para Saber na Biblioteca Central Rialeda: venres 23 xaneiro 2026

Aviso importante: 

Suspéndese a charla "Movemento e defensa das plantas" a cargo do catedrático de Fisioloxía Vexetal da UDC José Díaz Varela, prevista para o venres 23 de xaneiro ás 18:30 h. na Biblioteca Central Rialeda. Perillo.

Pregamos desculpen as molestias ocasionadas. 

Recomendacións en Radioleiros: 23 xaneiro 2026

Bebé antirracista de Ibram X. Kendi; ilustracións de Ashley LukashevskyRecomendacións en Radioleiros: 23 xaneiro 2026- Infantil (a partir de 5 anos):
Bebé antirracista de Ibram X. Kendi; ilustracións de Ashley Lukashevsky. Astronave.

Álbum ilustrado para comezar conversacións críticas sobre o racismo coas crianzas.


Mil cosas de Juan Tallón- Mocidade e público adulto:
Mil cosas de Juan Tallón. Anagrama.
Dispoñible en eBiblio

Ao longo dun só día, seguimos a unha parella nova atrapada entre o traballo, a crianza e a urxencia constante de chegar a todo.
Unha novela breve, cun ritmo absorbente, que captura con precisión o pulso do noso tempo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

AVISO: A Biblioteca de Oleiros abrirá en horario de tarde do 26 ao 30 de xaneiro

A Biblioteca Municipal "Manuel María" (Oleiros) permanecerá aberta ao público só en horario de tarde (16:00-20:00) desde o luns 26 ata o venres 30 de xaneiro.

Desculpen as molestias.

21/1/26

Fina Casalderrey, contigo, con toda a ALMA

Fina Casalderrey, contigo, con toda a ALMAFina Casalderrey é aspirante ao Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) 2026. GÁLIX está desenvolvendo unha intensa campaña de apoio da súa candidatura na que Bibloleiros quere colaborar a través de exposicións das súas obras nas Bibliotecas Municipais de Oleiros. A este fermoso labor de difusión están convidadas todas as persoas que queiran sumarse.
Dedicatoria de Fina Casalderrey no libro A filla das ondas da Biblioteca Central Rialeda (Perillo)Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) é mestra e unha das grandes voces da literatura infantil e xuvenil en galego. Medrou escoitando contos na casa, o que alimentou a súa imaxinación. Esa relación tan agarimosa coa lingua acompáñaa toda a súa vida. 
Publicou máis de sesenta libros e foi recoñecida con numerosos premios, entre eles o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por O misterio dos fillos de Lúa. As súas historias abordan temas próximos á infancia e adolescencia, con moita tenrura, humor e verdade, sempre desde o respecto polas nenas e nenos. É académica da Real Academia Galega e unha figura esencial da nosa literatura. 
Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA), premio internacional máis importante dedicado á literatura infantil e xuvenilO Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) é o premio internacional máis importante dedicado á literatura infantil e xuvenil, creado polo Goberno de Suecia en memoria da autora Astrid Lindgren, creadora de Pippi Mediaslongas. Concedeuse por primeira vez en 2003 e recoñece autoras, ilustradoras, narradoras orais e proxectos de promoción da lectura de todo o mundo. Está considerado o "Nobel da Literatura Infantil" e premia unha traxectoria que contribúe de maneira destacada ao dereito da infancia a acceder a literatura de calidade. Para este 2026 hai un total de 263 candidaturas de 74 países. O anuncio da candidatura gañadora terá lugar o 14 de abril deste ano.
Fonte: Gálix
Moitas obras da autora pontevedresa foron suxestión de lectura nas RecomendaciónsEnRadioleiros.
Lévate en préstamo os libros de Fina Casalderrey que temos en Bibloleiros ao teu dispor.
Fina Casalderrey, contigo, con toda a ALMA

20/1/26

Ler para Saber A CIENCIA: xaneiro - xuño 2026

Charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para
público en xeral.


Lugar: Biblioteca Central Rialeda.
Horario: 18:30 h.

23 xaneiro 2026
MOVEMENTO E DEFENSA DAS PLANTAS

José Díaz Varela
Catedrático de Fisioloxía Vexetal da Universidade da Coruña.

27 febreiro 2026
SOLUCIONES BASEADAS NA NATUREZA. EXEMPLO : RECUPERACIÓN DO MAR MENOR

Alatzne Carlosena Zubieta
Catedrática de Química Analítica da Universidade da Coruña
Mireya Lemus Vieites
Alumna do último curso dos graos en Química e en Bioloxía da UDC (programa de Simultaneidade).
 
13 marzo 2026
O MUSEO E OS SEUS OBRADOIROS

Fernando Luis Fontes Blanco
Director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt).

10 abril
CITEECONTO QUE FACEMOS…!

Fernando Martínez Abella
Director Científico do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC).

8 maio 2026
EXPLORANDO O UNIVERSO MICROSCÓPICO

Elena Fernández González
Graduada en Bioloxía. Investigadora predoctoral.

5 xuño 2026
MICROBIOMA E SAÚDE

Margarita Poza Domínguez
Investigadora en Microbioloxía do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña e Profesora de Microbioloxía da Universidade da Coruña.

19/1/26

Recomendacións en Radioleiros: 16 xaneiro 2026

Recomendacións en Radioleiros: 16 xaneiro 2026
La vida de las mujeres de Alice Munro
- Mocidade e público adulto:
Dispoñible en eBiblio

La vida de las mujeres de Alice Munro e unha reflexión sobre a importancia da lectura en grupo como creadora de comunidade(s).

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (19 a 21 xaneiro 2026)

 

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 19 de xaneiro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Feliz idade" de Olga Novo.
Documentación.
Ao remate entregaráse "Viento del norte" de Elena Quiroga.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 20 de xaneiro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "La tabla de Flandes" de Arturo Pérez Reverte.
Documentación.
Ao remate entregaráse "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 20 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
"Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane: unha narrativa visual"
Aviso importante: Por condicións climatolóxicas adversas a tertulia terá lugar na biblioteca, suspendéndose a visita inicialmente programada ao Castelo de Santa Cruz.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Océano mar" de Alessandro Baricco.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 21 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El vestido azul" de Michéle Desbordes.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red]

12/1/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (12 a 15 xaneiro 2026)


 Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 12 de xaneiro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "La vida de las mujeres" de Alice Munro.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El guardián entre el centeno" de J. D. Salinger.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 13 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El nervio óptico" de María Gaínza.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 14 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "A pensión Eva" de Andrea Camilleri.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El túnel" de Ernesto Sábato.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 15 de xaneiro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Un mundo feliz" de Aldous Huxley.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red]. 

9/1/26

Recomendacións en Radioleiros: 9 xaneiro 2026

Los incursores de Mary NortonRecomendacións en Radioleiros: 9 xaneiro 2026- Infantil e xuvenil (a partir de 10 anos):
Los incursores de Mary Norton. En Blackie Books. 
Siempre hemos vivido en el castillo de Shirley Jackson

Arrietty é diminuta coma un terrón de azucre pero cunha agulla por espada é quen de defender a toda a súa familia.



- Mocidade e público adulto:
Siempre hemos vivido en el castillo de Shirley Jackson. Editado por Minúscula.

Na casa dos Blackwood a vida é tranquila e metódica. Calquera diría que foi alí mesmo onde seis anos atrás pasou o que pasou...

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/1/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (7 xaneiro 2026)


 Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 7 de xaneiro
. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.
Modera: Silvia Salgado [Érase una Red].
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.

2/1/26

Recomendacións en Radioleiros: 2 xaneiro 2026

- Infantil (a partir de 6 anos):

A panadería
, de Lucía Belarte con ilustracións de David Lorenzo.
Kalandraka.

Unha historia de solidariedade na figura dunha familia de panadeiros. Mensaxe para crianzas a partir de seis anos acompañada de boas ilustracións.

- Mocidade e persoas adultas:

Los náufragos del Wager, de David Grann.
Random House.

Relato naval dunha expedición inglesa do 1742 que chegou ás costas do Brasil despois de padecer múltiples calamidades.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/12/25

"Lecturas baixo a árbore": recomendacións literarias de Silvia Salgado

 

Silvia Salgado coordina os clubs de lectura das bibliotecas municipais de Oleiros, dirixe talleres de escritura creativa, colabora no Podcast "Érase una Red" e como columnista en El Ideal Gallego.

Algunhas das súas obras publicadas son: Verde en el tejado, Mientras hilan las mariposas, La aldea, El intermedio que somos e Si te vuelves invierno.

26/12/25

Recomendacións en Radioleiros: 26 decembro 2025

"Milú e o edificio das persoas extraordinarias" de Abel ToméRecomendacións en Radioleiros: 26 decembro 2025- Infantil (de 10 a 12 anos):
"Milú e o edificio das persoas extraordinarias" de Abel Tomé. Ilustrado por Laura Romero. En Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe
Milú e as demais crianzas tentan evitar que as-os expulsen dos seus fogares. Fábula social na que predomina o optimismo.


- Mocidade e público adulto:
"Justin", debuxos de Nadar e guión de Julien Frey. En Astiberri.

O paso de seiscentos mil franceses polo Servizo de Traballo Obrigado en Alemaña do 1942 ao 1944 é o argumento desta historia en banda deseñada que conforma un exercicio de memoria e reflexión.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.