O escritor José María Merino foi galardoado co Premio Nacional de las Letras Españolas 2021 do Ministerio de Cultura y Deporte. Este galardón ten por obxecto recoñecer o conxunto da obra literaria dunha autora ou autor español, escrita en calquera das linguas españolas, cuxa obra estea considerada como parte integrante do conxunto da literatura española actual. A finalidade que se pretende coa súa concesión é dobre xa que á vez que se recoñece a trascendencia dunha autora-autor e da súa obra literaria, incídese na presencia de linguas diferentes na configuración da cultura española, integrada por una pluralidade de
aportacións lingüísticas que representan, cada una delas, unha tradición literaria que forma parte do noso patrimonio cultural.
O xurado recoñeceu a José María Merino
"pola súa mestría e excelencia na creación de literatura fantástica nas modalidades narrativas de novela, novela curta, conto e microrrelato, e tamén pola intelixencia das súas reflexións teóricas sobra a ficción. José María Merino é todo un referente para as sucesivas xeracións”.
Fonte: culturaydeporte.gob.es
As Bibliotecas Municipais de Oleiros queremos felicitar ao escritor nacido en A Coruña e ofrecer as súas obras para seren levadas en préstamo. Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) podes gozar de senllas exposicións bibliográficas para coñecer a súa produción literaria presente en Bibloleiros. Parabéns, José María!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario