21/7/20

Grazas pola túa literatura, Marsé!

Indomable, insubornable, cinéfilo empedernido, o mellor autor que contou Barcelona... Son algúns dos epítetos que estes días os medios de comunicación lle adican a Juan Marsé con motivo do seu pasamento. A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) ofrece ás-aos súas-seus lectoras-es unha expo cos libros e as adaptacións cinematográficas que temos nos nosos fondos para reler ao que foi Premio Cervantes en 2008.
"Parece un argumento dunha das súas novelas pero Juan Marsé naceu en Barcelona o 8 de xaneiro de 1933 como Juan Faneca Roca. A súa nai morreu no parto, e deixou ao taxista Faneca só coa súa filla pequena e o recén chegado. No decurso dunha das súas carreiras coincidíu co matrimonio Marsé, unha parella nova que lamentaba non ter fillos: o futuro novelista foi adoptado ás poucas semanas do seu nacemento, e pasou así a chamarse Juan Marsé i Carbó. Pasou os anos de infancia como un mal estudante que a menudo prefería correr polas rúas de Gràcia, o Guinardó e a montaña do Carmel antes que ir á escola. Estas paisaxes acabarían convertidas nos seus escenarios literarios, e agora a biblioteca do barrio do Carmel leva o seu nome, para homenaxear así ao escritor que puxo a Montaña Pelada no mapa literario de Barcelona, cos seus personaxes como o emblemático "Pijoaparte" de "Últimas tardes con Teresa".

No hay comentarios:

Publicar un comentario