Chegou maio a toda Galicia e nalgúns lugares, os maios, celébranse (neste momento de xeito virtual) con moita forza. Este ano toca facelo de xeito diferente. Eis algunha das convocatorias como "Cantádeme un maio", iniciativa que puxeron en marcha diferentes colectivos que participan desta festa en Ourense. O proxecto propón elaborar maios co material que haxa na casa e coplas para os acompañar. O web da proposta publicará o material recibido, ademais de achegar axudas á composición de coplas e falar sobre a festividade. A Youtubeira "Nubes baixo ti" elaborou na súa canle un titorial sobre a elaboración destas composicións tradicionais. O Consello da Cultura Galega estreou o primeiro de maio no seu web e redes sociais esta fermosa versión do poema "O maio" de Manuel Curros Enríquez, intepretado por nov@s músic@s galeg@s.
Fonte: culturagalega
Anímate a facer un maio caseiro e compartilo connosco! Envíanos foto a biblioteca.rialeda@oleiros.org ou a través do noso Contacta
Fonte: culturagalega
Anímate a facer un maio caseiro e compartilo connosco! Envíanos foto a biblioteca.rialeda@oleiros.org ou a través do noso Contacta
No hay comentarios:
Publicar un comentario