O 17 de outubro de 2020 celébrase o centenario do nacemento de Miguel Delibes. A Fundación Miguel Delibes impulsa unha serie de actividades destinadas a divulgar aspectos da súa vida e da súa obra, así como a Biblioteca Nacional. Hai iniciativas que se van adiantando a este aniversario como a do fotoxornalista Fidel Raso, afincado na fermosa vila de Urueña, quen realizou a exposición fotográfica "El jinete amarillo" (organizada pola Fundación Jorge Guillén de Valladolid, e o centro e-LEA e a Librería Primera Página, de Urueña), que ilustra con 53 instantáneas párrafos da obra "Un mundo que agoniza" do escritor vallisoletano, unha reflexión adiantada ao seu tempo sobre a destrución do medio ambiente e os riscos para o presente e o futuro da Humanidade. As 53 imaxes foron tomadas por Raso en distintos lugares do mundo e ainda que lamentablemente a expo tivo que pechar fisicamente en Urueña, pode verse a través da Rede na web da Mas Context de Chicago e da Fundación Jorge Guillén. Podes gozar en GaliciaLe das seguintes obras de Delibes: "La bruja Leopoldina y otras historias reales", "Cinco horas con Mario", "Siestas con viento sur", "El hereje", "Los niños", "El camino" e "Vivir al día". Cando volvamos a vernos, poderás levar en préstamo "Un mundo que agoniza".
Fonte: libreriaprimerapagina
No hay comentarios:
Publicar un comentario