
Dez gatiñas viaxeiras de Eva Mejuto e ilustrado por Víctor Rivas
Xerais
Partindo da tradición oral e con moito humor, un grupo de dez gatiñas comeza unha viaxe pola xeografía galega: Lestrobe, Ourense, Tui, Lugo… no que non deixan de sorprendernos. Un conto en positivo para os máis novos/as da casa.
- Mozas/os e adultas/os:

Almuzara
Ensaio divulgativo arredor do cerebro e a neurobioloxía no que podemos coñecer episodios vencellados a Einstein, Lenin, Francisco de Asís, Dalí… xunto con trastornos como o Alzheimer, a anorexia e o autismo, entre outros. Un texto moi interesante da man dun científico de grande experiencia.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario