3/5/19

Recomendacións en Radioleiros: 3 maio 2019

https://youtu.be/oaFQAO4QWiY
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1368288&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"Xandra a landra que quería voar", texto de Mercedes Queixas Zas e ilustracións de Paula Pereira Carreiro. En Urco.
Xandra é unha landra que o quere realmente é voar. A súa familia tentará que esqueza o seu desexo pero Xandra non se dará por vencida. Un texto recomendado a partir dos seis anos que pon á-ao lector-a en contacto coa natureza, as cores da mesma e a sensibilidade dos animais. Magníficas ilustracións da ceramista Paula Pereira.
- Mozas-os e adultas-os:
"Offshore" de Petros Márkaris. Editado en Tusquets.
A Grecia actual volta a ser a paisaxe dunha nova entrega da serie “Kostas Jaritos”. Co seu tradicional estilo irónico e escéptico, Márkaris trama unha historia na que mestura lavado de cartos, corrupción, intereses empresariais e políticos xunto co mundo da policía de Atenas. O Jaritos que conduce o seu Seat polos eternos atascos mentras debulla a solución deste novo relato de intriga que nos pasea tamén por Asia e os despachos de Londres.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario