6/9/19

Recomendacións en Radioleiros: 6 setembro 2019

https://youtu.be/WyyCOwtQYf8
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1338457&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 4 anos):

O raposo Rufo en receitas cativas, de Dani Viéitez e Iria Iglesias
Embora

Da man do raposo Rufo e baixo a supervisión dun adulto, este libro pretende que pequenas e pequenos aprendan a preparar pratos divertidos coñecendo o mundo dos alimentos e a cociña saudable. Receitas sen moita complicación e con interesantes ilustracións.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1493556&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLELos colores del incendio, de Pierre Lemaitre
Salamandra

Continuando a trama iniciada en Nos vemos allá arriba, Lemaitre trasládanos á Francia dos anos 1927 a 1933 coa familia Péricourt como nexo. A morte do patriarca Marcel é o comezo dunha nova etapa nos negocios que levan á súa filla Madeleine a unha situación extrema, na que veremos envexas, traicións e chantaxes nunha historia familiar, social, empresarial e política. O mellor Lemaitre nesta aportación que o confirma como un dos escritores máis destacados da narrativa francesa actual.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario