"Linda á espreita" de Alexander Steffensmeier. En Xerais.
Linda é unha vaca divertida, xoguetona e moi entrañable. O que máis lle gusta é esperar impaciente a que o carteiro entre na granxa a traer algún paquete ou carta. Nese momento Linda espérao agochada, cada día nun sitio distinto para darlle un bo susto. Un día, o carteiro tivo unha idea: levarlle un paquete para Linda, pero todo se complicou e a bicicleta do carteiro acabou esmagada. Así foi como Linda descubriu que lle gustaba máis repartir o correo que asustar ao carteiro.

- Mozas-os e adultas-os:
"La novia gitana" de Carmen Mola. Editado por Alfaguara.
A unha semana da voda e cando Susana Macaya volta da súa despedida de solteira é abordada por un descoñecido e … nunca chega á súa casa. Poucos días despois aparece o seu corpo, na Quinta de Vista Alegre, no madrileño barrio de Carabanchel. Podería tratarse dun asasinato, se non fose polo feito de que a vítima foi torturada mediante un ritual insólito e atroz e que a súa irmá Lara sufriu idéntica sorte sete anos atrás, tamén en vésperas da súa voda. O que complica o caso é que o asasino de Lara cumpre condena dende entón, polo que caben dúas posibilidades: ou alguén imita os métodos ou a policía ten un inocente encarcerado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario