- Infantil:
"Onde están todos?", escrito e ilustrado por Remy Charlip. En Lata de Sal.
O polifacético Remy Charlip escribiu nos primeiros sesenta este libro recuperado agora por Lata de Sal. Un regalo para as-os máis novas-os que xunta ilustracións cun texto que responde á pregunta do título: onde están todos cando o sol desaparece?. Un paseo estético e de coñecemento para nenas-os e adultas-os.

- Mozas-os e adultas-os:
"Paseos con mi madre" de Javier Pérez Andújar. Editado por Tusquets.
Un texto a camiño entre o xornalismo e a memoria familiar polos barrios de Barcelona na que medrou o autor nos anos sesenta e setenta. Unha nova visita permítelle a Pérez Andújar comentar como medrou o Besòs coa inmigración española primeiro e estranxeira despois, conformando unha paisaxe sociolóxica na que vemos o último tramo do franquismo e o primeiro da democracia. A distancia mental entre os barrios e o centro da cidade que resume nunha frase: “Barcelona es una gran pensión donde los dueños no ponen de comer”.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario