Presentámosche unha serie de actividades para o mes do libro e da lectura. As sete bibliotecas municipais acollerán diversas propostas para todas as idades, tanto público en xeral como para o alumnado dos centros educativos do Concello.
Os "Fogóns poéticos" de Isabel Andrés, o "Espectáculo poético visual" de Yolanda Castaño, os contos de Pablísimo, Caxoto, Charo Pita, Soledad Felloza. Os obradoiros de Manel Cráneo, Óscar Villán, Miguel Cuba, encontro literario coa escritora Ledicia Costas, serán algunhas das actividades nas que poderán participar nenas-os e xoves.
Ademáis, exposicións temáticas e contacontos con Pavís - Pavós, Paula Carballeira e moit@s máis, obradoiros para a inclusión social, o espectáculo “O Xigante” de Elefante Elegante, a nosa participación na campaña Libros para sermos libres, da Deputación da Coruña e moitas actividades máis, completarán o noso mes do libro e da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario