13/4/18

Recomendacións en Radioleiros: 13 abril 2018

https://youtu.be/2tEXTRMzFwU
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1424441- Xuvenil (a partir de 12 anos):

Las aventuras agrícolas de un cockney, de Virginia Woolf
Nordica Libros

Neste breve libriño aparecen dúas historias: Las aventuras agrícolas de un cockney e Las aventuras de un padre de familia que é a secuela da primeira. Foron escritas por Virginia Woolf cando tiña entre 10 e 13 anos e é a primeira vez que se publican en castelán. Nárrase a historia dun novo matrimonio que vivía no East End londinense e deciden trasladarse a vivir ao campo. Mostra como o home intenta traballar por sí mesmo na granxa sen poder logralo. Todo está narrado polo torpe esposo e hai pasaxes realmente graciosas.

- Mozos/as e adultos/as:
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1250713 
Luns, de Eli Ríos
Xerais

A protagonista desta novela é Nerea, unha muller a piques de cumplir os coarenta anos, casada e con 2 fillos á quen lle acaban de diagnosticar un cancro de mama. O título do libro, Luns, refírese ao día da semana no que lle dan o diagnóstico e empeza a conta atrás de Nerea á que lle dan 2 meses de vida. En vez de compadecerse de sí mesma, intenta organizar todo para cando ela non estea. Unha novela tan visceral, escrita dende tan adentro, sen intermediarios, sen narración en terceira persoa, que o/a lector/a adéntrase no relato todo o tempo e as emocións chegan sen filtros.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario