9/4/18

"Libros para soñar": a expo itinerante de Kalandraka estará a partir de hoxe na Ánxel Fole de Nós!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
http://www.galix.org/2018/04/feliz-dia-internacional-do-libro.htmlPara conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e o vixésimo aniversario da editora Kalandraka, do 6 ao 16 de abril poderás ver a exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka na Biblioteca Municipal "Ánxel Fole" (Nós). 

Moitos deles son obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre os que podemos destacar títulos como: O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...
 
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
A visita á exposición é libre. Esta expo viaxará despois á Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" (Mera). Cada exposición vai acompañada dunha actuación que ten aforo limitado. É imprescindible reservar praza na biblioteca correspondente ou chamando por teléfono. O prazo de inscrición é de 10 días antes da data de celebración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario