Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros facémonos eco da iniciativa que promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: a celebración do 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.
Nesta xornada, fixada no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, a AELG propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.

A Biblioteca Central Rialeda ofréceche un marcapáxinas conmemorativo desta data e convídache a que leves en préstamo as obras de Rosalía de Castro.
Na Biblioteca de Santa Cruz agasallaremos cun libro a todos os usuarios que leven algún tipo de material en préstamo.
Tamén en Santa Cruz podes visitar ata o 3 de marzo una exposición de material relacionado coa escritora galega e participamos da proposta #AbrideAFiestra da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
Achégate á Biblioteca de Santa Cruz a facerche algunha foto cun libro ou un poema de Rosalía cunha fiestra de fondo, e mostrarémolas nas nosas fiestras bibliotecarias.

Le o texto do Manifesto Abride a fiestra, que a AELG encomendou este ano á escritora María Reimóndez!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario