2/11/18

Recomendacións en Radioleiros: 2 novembro 2018

https://spark.adobe.com/video/hjr9MY0yUHSnChttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1434046- Infantil:
"Cara de velocidade" de Marga Tojo; ilustracións de María Hergueta. En Kalandraka.
Marga Tojo obtivo con este libro escrito en galego o Premio de Poesía para nenos e nenas Cidade de Orihuela 2017. Da man de H., unha nena, asistimos a textos de poesía urbana con alusións musicais a Gene Kelly, Narf ou Patti Smith, presenza familiar e un magnífico traballo ilustrativo de María Hergueta. 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1052877&viewallitems=1&offset=0&homebranch=&ob=branchname&sb=ASC- Mozas-os e adultas-os :
"Aquello estaba deseando ocurrir" de Leonardo Padura. Editado por Tusquets.
Os relatos escritos por Padura entre 1987 e 2009 forman este libro cheo de esceas cotiás, sempre sobre un fondo cubano de ron e personaxes do Caribe coa historia contemporánea presente: Angola, Miami, Madrid ou Mariel. A illa e o exterior mesturados formando textos de calidade
con estética cinematográfica e contido musical, cun estilo propio dun dos mellores narradores en lingua española da actualidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario