4/10/18

Exposición bibliográfica adicada a Ana Romaní

https://www.mecd.gob.es/prensa-mecd/gl/actualidad/2018/09/20180925-anaromani.html
Ana Romaní foi galardoada co Premio Nacional de Periodismo Cultural do Ministerio de Cultura y Deporte. O xurado motivou a elección de Romaní “na súa longa traxectoria no xornalismo, o seu constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios”, así como pola “súa visión de feminismo crítico e compromiso social”.
o Ministerio de Cultura y Deporte recoñece con este premio o labor de profesionais do xornalismo que, ben coas súas obras, ben a través da súa participación activa en diversos ámbitos da creación artística ou literaria, fomentan as actividades culturais contribuíndo ao enriquecemento do patrimonio cultural de España.
Naceu en Noia (A Coruña) en 1962. Ana Romaní conta cunha longa traxectoria no ámbito xornalístico, ademáis de ser poeta e escritora. É Académica de Número da Real Academia Galega.
Romaní comezou os seus pasos no xornalismo en 1983, ao participar na creación da revista Carabela de Xiada. A partir de 1988 encamiña a súa traxectoria profesional ao mundo da radio. Tras os seu paso por Radio Nacional de España, co programa La Viborona, dirixe o informativo Diario Cultural de Radio Galega, programa desde o que espallou a diario a actividade cultural de Galicia, incluíndo crítica especializada, monográficos e especiais.
A través deste espazo Ana Romaní participou na posta en marcha da publicación do libro "Narradio: 56 historias no ar" (2003); do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que se outorga desde 2006 co obxectivo de recuperar textos dramáticos para a radio; e do proxecto "De Cantares hoxe: os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI".
Ana Romaní recibíu numerosos premios, entre os que destacan o Premio al Fomento de la Lectura, que lle outorgou a Federación de Gremio de Editores de España en 2007; o Premio Atlántida, do Gremi de Editors de Cataluña, en 2008; o Premio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega á ‘mellor xornalista cultural’ en 2012 e de poesía en 2011; e o Premio da III Gala do Libro Galego á traxectoria en xornalismo cultural en 2018.
A Biblioteca Central Rialeda adica unha exposición bibliográfica a Ana Romaní para dar a coñecer as súas obras e animar ás-aos súas-seus lectoras-es a que gocen delas.
 
Parabéns, Ana!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario