5/10/18

Bibloleiros en Kalandraka TV

http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=21&pagina=1#PD_Red%20de%20Bibliotecas%20Municipales%20de%20Oleiros
A bibliotecaria municipal do Concello de Oleiros, Luz Corral, inaugura coa súa entrevista o espazo adicado ás bibliotecas "Onde habitan os libros", de Kalandraka TV, que ofrece un lugar para dar a coñecer bibliotecas e librarías de Galicia. Esta canle de televisión a través de internet pretende dar maior visibilidade á literatura infantil e xuvenil e vai dirixida a todas as persoas e institucións implicadas na animación á lectura.

Kalandraka é unha editorial especializada en literatura infantil e xuvenil que conta cunha traxectoria de máis de 20 anos. Neste momento bota a andar unha canle de televisión en liña a través da que será posible coñecer as-os creadoras-es de libros e saber máis das súas obras e do seu proceso de traballo. Este espazo permitirá descubrir os lugares onde habitan os libros, como as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, e servirá tamén como punto de información de novidades editoriais, recomendacións e últimas actividades arredor do libro e da lectura.

Parabéns Kalandraka TV!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario