4/5/18

Recomendacións en Radioleiros: 4 maio 2018

https://youtu.be/68AOHIjCny4
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1235360- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos):
"Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno", texto de Eli Ríos; ilustracións de Eva Agra. Editado por Urco.
Libro de formato mediano, con excelentes ilustracións e non demasiado texto, sen embargo máis que suficiente para dar a coñecer ás-aos máis pequenas-os a vida e obra desta autora, que sen nacer en Galicia demostrou un gran amor á nosa lingua e a nosa terra.
Esta colección ten como eixo fundamental o achegamento das rapazas e rapaces a unha serie de mulleres galegas que foron abandeiradas en diferentes campos das artes, mesmo na loita de clases ao longo da nosa historia. Os libros, ademais de dar a coñecer a vida e obra, inclúen unha serie de pasatempos no remate do libro sobre as historias destas mulleres, que teñen a finalidade de facer reflexionar ao tempo que serven para divertirse.

 

- Mozas-os e adultas-os:
"A vida sinxela de Marcelo Firmamento" de Vanesa Santiago. En Galaxia.
Marcelo é un gran soñador, non é un heroe, senón un gran loitador pola vida, coma son os homes de mar. A historia narrada en terceira persoa, fai unha crónica biográfica de Marcelo que abrangue desde os primeiros anos na vila mariñeira de Fontán, até os mares e océanos do mundo. Porque estamos nos anos 40, o protagonista ten que emigrar…  viaxando pode seguirlle a pista a un pai que non coñece. As-os lectoras-es descubrirán personaxes como Rederrota, o Mouro, o Astronauta, Ellaine… personaxes de carne e óso pero tamén outros seres fantásticos, mitos, trasnos, sereas que habitan as lendas de
Fontán, de Galicia e do mundo. Aparecen tamén na novela referencias literarias como a balea de Moby Dick de Melville. Unha narración que mestura realidade e fantasía cunha gran mestría, emotiva, que se le con pracer, escrita seguindo as pautas do realismo máxico sudamericanohttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1247740 pero non nos enganemos, a historia é nosa, é a historia da Galicia máis recente, da inxusta Guerra Civil, das represións, exilios, da emigración, da fame e da necesidade… a autora convirte, todo isto, nun alegato a favor da liberdade e do valor dun pobo e as súas xentes.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario