- Infantil (nenas-os a partir de 10 anos):
"A cazadora de estrelas" texto de María Canosa e ilustracións de Dani Padrón. Editado por Xerais.
Nun mundo fantástico vive Megumi, unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade, as súas frechas trazan no ceo o debuxo dun arco ata cravarse no medio das estrelas máis pequeniñas e máis brillantes. Ademáis dunha boa tiradora de frechas é tamén unha boa amazona, para o que conta coa axuda de súa egua Turrón, as dúas forman un equipo, a Megumi lle gusta dicir que forman un só corpo. Cando corren transfórmanse nun centauro.

- Mozas-os e adultas-os:
"Punto de fuga" de Miguel Cuba. En Demo.
Mateo representa o típico xove de clase media que chega ao mundo laboral desde a universidade e dase conta da realidade do mundo do traballo e da sociedade. Esta situación cercana a calquera lectora-o fai que o entendamos e nos identifiquemos con el. Un xove que se imaxina a si mesmo triunfando no mundo da arte, rodeado de intelectuais con grandes ideas e proxectos pero que vive dun traballo que aborrece dando clases de debuxo e que como moitas-os xoves ten que pensar en esquecer os seus soños e dedicarse a ser infelizmente normal…

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario