21/7/17

Lecturas a medida, novelas de todas as tallas: XL, L, M, S

https://photos.app.goo.gl/iG0hGfGztZnYtxP73
A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) ofrécelle para o verán 2017 unha selección titulada "Lecturas a medida, novelas de todas as tallas: XL, L, M, S". Proximamente haberá unha segunda parte adicada a películas de todas as metraxes. 
"Lecturas a medida" presenta 24 títulos de indubidable calidade literaria organizadas segundo o seu número de páxinas: Lecturas XL, de máis de 600 páxinas, dirixidas a aquel@s lector@s que gozan de moito tempo para a lectura e saborean cada párrafo, cada palabra, a modiño. Roberto Bolaño, Ann-Marie MacDonald, Susanna Clarke, Donna Tart son algúns d@s autor@s desta sección. 
A talla L está constituída por lecturas de 400 a 500 páxinas. Títulos como "Ahora sabréis lo que es correr", "La casa de Jampol" ou "Caramelo" para aquelas persoas que debullan as páxinas a unha velocidade dunhas 300 palabras por minuto.  
  
M, esa talla que senta ben a todo o mundo: de 200 a 300 páxinas, libros que poden levar consigo a calquera parte. Propoñemos a Nancy Houston, John Cheever, Kate Taylor, Bohumil Hrabal. Das 150 ás 200 páxinas temos á súa disposición a talla S. Será feliz con lecturas que enchen unha tarde de praia, montaña, parque ou río: J. R. Moehringer, Nina Berberova, Berta Dávila...

Se non atopa a súa talla, pregúntenos, temos lecturas á súa medida!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario