28/10/16

Recomendacións en Radioleiros: 28 outubro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43521306/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1086010- Infantil e xuvenil (a partir de 6 anos):

A avoa do ceo, de Anna Lavatelli; ilustracións de David Pintor
El Patito editorial

Hai ocasións en que dubidamos como explicarlle a un/unha neno/a pequeno/a que un ser querido faleceu, pois esta obra fálanos disto.

Emma quérelle moito a súa avoa e cando seu pai lle di que teñen que marchar para a casa ela pregúntalle se ela non ven con eles. Entón é cando a nai, colléndoa no colo, lle explica que agora a avoa está no ceo e que desde arriba sempre a estará vendo.
Cando chegan á casa, a nena proponlle ao seu can ir para o xardín porque desde alí vese todo o ceo  a ver se a atopan entre as nubes...


Un emotivo álbum cunhas fermosas ilustracións que nos fala da relación entre unha nena e a súa avoa.

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=dia+independencia+richard+ford&branch_group_limit=- Mozos/as e adultos/as

El día de la independencia, de Richard Ford
Anagrama

Richard Ford é o actual Premio Princesa de Asturias de las Letras 2016.
Está considerado como un dos mellores escritores norteamericanos da actualidade. Un dos mellores retratistas, a nivel literario, do norteamericano medio. Fálanos de persoas normais, con vidas normais pero moi ben descritas.

Esta obra foi galardoada cos premios Pulitzer e PEN/Faulkner. Moitos críticos considerárona como a “gran novela americana” dos noventa. Consagrou definitivamente ao autor como un dos grandes novelistas norteamericanos do s. XX.

Nesta novela recupera a Frank Bascombe, o protagonista de “El periodista deportivo”. Estamos no verán de 1988. Bascombe segue vivindo en Haddam (Nova Xersei), pero non exerce de xornalista. Divorciouse e mantén unha relación sentimental con outra muller, Sally, da que non sabe se está namorado. A súa ex-muller volveuse a casar e os seus fillos viven con ela.

En primeira persoa, vainos contando o que lle acontece durante catro días mentres agarda ilusionado a chegada do fin de semana do 4 de xullo, Día da Independencia, que vai pasar en compañía do seu fillo Paul. Agora dedícase á compra e venta de casas e está buscando unha para uns clientes bastante desagradables.

Na última parte conta como recolle ao seu fillo, que xa ten 15 anos, e quere ir con el a visitar uns salóns deportivos  dedicados ao baloncesto e ao béisbol. Paul estase convertendo nun adolescente problemático e isto preocupa a Frank, porque teme polo seu futuro, por iso ten esperanzas de que esta viaxe lle sirva para unirse máis a el, para poder apoialo e aconsellalo.


Un bo libro que nos fala de inseguridades e de desesperación, pero tamén de humor e esperanza.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario